in

‘Brumario’ de Javier Martín e Vertixe Sonora no MIHL Sons-XXI en Lugo

Brumario | Javier Martín
O concerto performativo abre este venres, no Auditorio Municipal Gustavo Freire, a oitava edición do Ciclo de Música Contemporánea de Lugo MIHL Sons-XXI.

 

A VIII edición do Ciclo de Música Contemporánea de Lugo MIHL Sons-XXI arranca este venres 4 de decembro até o próximo día 21. Baixo o título “Conversando co Presente”, desenvolveranse diversos concertos e charlas no auditorio municipal e no MIHL (Museo Interactivo da Historia de Lugo). A idea transversal do ciclo é a exploración do diálogo como elemento omnipresente no feito musical.

Brumario é o espectáculo escollido para abrir o programa deste ano. En palabras do director artístico e coordinador do ciclo, Diego Ventoso, poñerá en liza diferentes compoñentes escénicos coma a danza, os instrumentos musicais, o feedback acústico e a escenografía; articulados, todos eles, pola música do compositor galego Ramón Souto. A proposta, iniciativa orixinal de Javier Martín xunto a Vertixe Sonora, supón unha retroalimentación creativa entre movementos e son. Incorporando en cada instrumento altofalantes de vibración, ao tempo que o bailarín leva un sistema de microfonía que funciona como sensor da acción. Estes elementos, e a manipulación dos instrumentos por parte dos intérpretes, permiten xerar sons orixinais que son froito da interacción. Instrumentos, músicos e bailarín acaban converténdose, todos eles, nun corpo ampliado que emite e recibe vibracións.


Publicidade

 

Compra de entradas

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

SóLODOS en Danza 2020

5ª edición de SóLODOS en Danza Ourense

Cambio de Foco | CDG e Sala Ártika

Ártika estrea ‘Cambio de Foco’ en coprodución co Centro Dramático Galego