in

Sobresida a causa contra Carlos Santiago

Sobresemento da causa contra Carlos Santiago

A organización ultracatólica Abogados Cristianos denunciara o pregón do dramaturgo no Entroido de 2018 en Compostela por ofender aos sentimentos relixiosos. A resolución da Audiencia Provincial da Coruña ratifica a desestimación da causa por non estar debidamente xustificada por parte dos demandantes a perpetración de tal delito.

 

A web de solidariedade Tod@s somos Carlos Santiago recollía a nova: Carlos Santiago, dramaturgo e escritor, quedaba libre dos cargos polo suposto delito de ofensa contra os sentimentos relixiosos interposta pola asociación ultracatólica Abogados Cristianos, por mor do pregón de Entroido de 2018 de Santiago de Compostela no que interpretou ao Apóstolo. A resolución ratifica a desestimación da causa en primeira instancia en decembro de 2019 por non estar debidamente xustificada, por parte dos demandantes, a perpetración de tal delito.

A querela desatou no seu momento unha avalancha de apoio para co dramaturgo desde o mundo da cultura e, concretamente, das artes escénicas. A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) emitiu un comunicado no que definía os ataques contra o dramaturgo como “máis propios do absolutismo medieval e preconstitucional de comezos do s. XIX que dun tempo democrático como debería ser o actual”. Pola súa banda, DramaturGA (Asociación Galega de Dramaturxia) sumouse á causa en favor da liberdade de expresión denunciando “o acoso ao que Carlos Santiago está a ser sometido a través das redes sociais e certos medios de comunicación tanto dixitais, como audiovisuais ou en papel, en defensa dun suposto respecto aos sentimentos, que ten como resultado un inxustificable ataque violento á súa persoa e á súa dignidade como traballador do humor e da dramaturxia”.


Publicidade

Carlos Santiago valorou a sentenza a través dun escrito na páxina web Tod@s somos Carlos Santiago. Nel, o dramaturgo compostelán sinala que “os maxistrados establecen que o pregón estivo plenamente amparado polo dereito á liberdade de expresión, tanto polo contexto do Entroido como polo carácter humorístico e non ofensivo do seu ton e contido”.

 

Le aquí o Comunicado Apostólico de Carlos Santiago sobre o sobresemento da súa causa.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Bajazet | Castorf

Bajazet, considerando o Teatro e a Peste

Auditorio Municipal de Vigo

Vinte e case non dou creto (parte I)