in

Gala XVII aniversario de Manicómicos

XVII Gala Manicómicos
A Asociación Cultural Manicómicos celebra hoxe ás 19.00 h. a súa tradicional gala de aniversario no Teatro Rosalía da Coruña.

Como é habitual nestas datas, a Asociación Cultural Manicómicos sobe o pano do Teatro Rosalía da Coruña para celebrar o seu aniversario con “moita música, moito ritmo, pero tamén números circeneses, hip-hop, regueifa, danza urbana, un número de acrobacias aéreas con teas, pantomima e clown”. A cita é ás 19.00 h. deste luns 4 de xaneiro e a entrada é libre até completar o aforo. “A gala é de balde e os asistentes terán que facer cola para entrar, pero nós faremos todo o posible para que pasen un bo rato cando estean agardando na billeteira”, comenta Carlos Sante, director e presentador do evento.

Manicomicos |

Manicómicos quere comezar o ano 2021 “coa esperanza de que todo volva á normalidade”, tras non poder facer o seu Festival Manicómicos de rúa o pasado mes de agosto. Para iso, desenvolverán esta gala de aniversario cunha forte aposta pola cultura urbana, con participación de un variado número de artistas que sufriron as cancelacións derivadas da pandemia.


Publicidade

“É unha alegría poder celebrar esta gala”, di Sante. “Temos moitas ganas e queremos demostrar, tamén, que somos quen de nos reinventar, pase o que pase”.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Balance do ano 20 parte II

Vinte e case non dou creto (parte II)

Mapa | Colectivo Glovo

Mapa