in

Matías Daporta comisaría o Festival Me Gustas Pixelad_2021

Me Gustas Pixelad_
Imaxe de Rafael Frazão: Animal Soñado

Por cuarto ano consecutivo, o coreógrafo de Cambados é o comisario do festival Me Gustas Pixelad_, de La Casa Encendida de Madrid, que terá lugar do 4 ao 27 de marzo.


Me Gustas Pixelad_ é un festival que pon en diálogo as artes escénicas e o mundo dixital. Este 2021, do 4 ao 27 de marzo, Me Gustas Pixelad_ recorre ás artes vivas, aos seus métodos e ferramentas, para redefinir a relación irracional que existe entre o trauma e a tecnoloxía. De feito, esta cuarta edición do festival comisariado polo coreógrafo galego Matías Daporta (Cambados, Pontevedra, 1987), orbita arredor de dúas preguntas: que é o trauma e como as artes vivas e os medios dixitais responden diante del.

En formato híbrido, presencial e online, presenta dez pezas de trece artistas que ofrecen un espazo de observación e experimentación en torno ao coidado, a cura e a dixestión dun evento traumático. A programación oscila, de maneira provocativa, entre a realidade e a ficción, a historia e a memoria, o humor e a reflexión, a participación e a contemplación.erá

Alén dos acontecementos violentos que sementan a historia do século XX e do que levamos do XXI, o traumático non é só o acontecemento ou, nestes tempos a pandemia, senón tamén a ausencia de saber, o feito de estar sumidos nun enigma para o que non parece haber resposta.

As novas tecnoloxías a súa xestión, tanto a nivel individual como institucional, parecen ser a diferenza máis constatable entre a crise actual, derivada da COVID-19, e as anteriores.


Publicidade

Consulta a programación do Me Gustas Pixelad_2021 nesta ligazón

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Palhaço Verde

Teatro do Noroeste-CDV estrea ‘Palhaço Verde’ por Internet

Premi Born

Convocado o XLVI Premi Born de Teatro