in

Confirmadas as primeiras actuacións do 38º Festival de Almada

Festival de Almada
Imaxe de Quim Tarrida

A próxima edición do Festival de Almada terá lugar entre o 2 e o 25 de xullo en oito salas de Almada e Lisboa. No ano do cincuenta aniversario da Companhia de Teatro de Almada, que estrea dúas creacións, a programación inclúe once espectáculos portugueses e estranxeiros, e será anunciada integramente o vindeiro 18 de xuño. 

O Festival de Teatro de Almada confirmou esta pasada semana os primeiros espectáculos da súa 38º edición, que terá lugar entre o 2 e o 25 de xullo. A actriz italiana Monica Bellucci baixo a dirección de Tom Volf, Ivo van Hove e os cataláns Agnès Mateus e Quim Tarrida son as primeiras confirmacións do festival portugués que anunciará a programación completa para este 2021 o vindeiro 18 de xuño.

Maria Callas – Cartas e Memórias

Texto e dirección de Tom Volf | Con Monica Bellucci

Centro Cultural de Belém | 10 e 11 de xullo

Bellucci © Tom Volf DSC00107 scaled |

Quem matou o meu pai?

Texto de Édouard Louis | Dirección de Ivo van Hove

Teatro Nacional D. Maria II | 8, 9 e 10 de xullo


Publicidade

Wie heeft mijn vader vermoord © Jan Versweyveld 03 scaled |

Rebota rebota y en tu cara explota

Creación de Agnès Mateus e Quim Tarrida

Academia Almadense | 14, 15, 16, 17 e 18 de xullo

Festival de Almada

Información e entradas na páxina web do Festival de Almada 

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Corufest

Comeza a cuarta edición do festival Corufest

Dramaturxia Galega Actual

Á Feira Edicións publica catro obras en Dramaturxia Galega Actual vol. II