in ,

A MIT de Ribadavia presenta as datas e a liña gráfica da súa 37ª edición

MIT Ribadavia
Deseño de A&B Comunicación

Baixo o lema “A arte marca a diferenza”, a Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia presentou as datas e a imaxe da edición deste 2021 que se celebrará entre o 16 e o 25 de xullo.

“Selvática, refrescante e provocadora”, a imaxe da MIT de Ribadavia 2021 quere expresar, segundo a organización, un dos motivos condutores da programación da súa 37ª edición, as fake-news ou a manipulación na era da posverdade. A dramatuxia contemporánea, as coproducións, a memoria, o amor e a diversidade son algúns dos outros fíos condutores da edición, que se presentará a finais do mes de xuño e que terá lugar entre o 16 e o 25 de xullo na vila sobre o río Avia.

Despois dun 2020 de resistencia e compromiso, a MIT volve retomar o pulso internacional en 2021 coa presenza de mestres da escena mundial e novas figuras emerxentes do panorama escénico máis innovador. Todos os nomes serán desvelados nunha presentación que tamén explicará polo miúdo os fíos condutores, entre dramaturxias a partir de Shakespeare, pezas de danza contemporánea, novo circo e espectáculos de calidade para público familiar.


Publicidade

O deseño da imaxe de 2021 volve estar asinado por Ainhoa Viñuela e Blanca Selas (A&B Comunicación e Deseño), responsables do documental Non vale parar, estreado no mes de marzo e que retrata o recordo e as peculiaridades dunha edición pandémica a ceo aberto. A MIT volverá ser punto de encontro e referencia da escena galega grazas ao seu prestixio e proxección internacional, os talleres, presentacións e selección da escena máis vangardista, innovadora e sorprendente.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

El viento es salvaje Las Niñas de Cádiz (MITCFC)

Presentado o programa da 38ª Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas

Afonso Becerra

Publícase a primeira ‘História da dança da Galiza’ de Afonso Becerra