in , ,

A MIT de Ribadavia presenta ‘O tsunami’ de Marcos Abalde

O tsunami
Deseño de Disigna Edenia

A edición da peza gañadora do 15º Premio Abrente de Textos Teatrais preséntase mañá nun acto no Concello de Ribadavia que marca o inicio da MIT 2021.

Mañá, xoves 15 de xullo, ás 21.00 horas, a 37ª edición da MIT de Ribadavia arranca coa presentación da edición da peza gañadora do Premio Abrente 2020: O tsunami, do dramaturgo vigués Marcos Abalde. O Salón de Actos do Concello de Ribadavia acollerá o acto no que intervirán o autor; o director artístico da Editorial Difusora de Letras, Artes e Ideas, Xosé Lois Vázquez; a Concelleira de Cultura, Paula Rodríguez; e o director da MIT, Roberto Pascual.

O tsunami

O tsunami de Marcos Abalde é unha comedia áceda sobre a política, o ecoloxismo e as relacións familiares. Segundo o xurado do 15º Premio Abrente, “a lectura deste texto supuxo a descoberta dunha voz propia que rescata da memoria un acontecemento real (a construción dun encoro artificial na explotación mineira das Pontes, o lago artificial máis grande de Europa, que se fixo para rexenerar unha antiga explotación de lignito) co que o autor é quen de construír unha reflexión tamén sobre a actualidade, descarnada, crúa, grotesca, sucia e decadente”.


Publicidade

Marcos Abalde

Marcos Abalde Covelo (Vigo, 1982). Como dramaturgo obtivo o Premio Josep Robrenyo 2008 por Canibalismo, o Premio Álvaro Cunqueiro 2011 por A cegueira, o Premio Marqués de Bradomín 2012 por Xudite, o Premio Bienal de Teatro Romaría Viquinga 2012 por Saga de Iacobsland, o Premio Varela Buxán 2016 por Oito epitafios por Troia, o Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico 2018 por Psicofonías e o Premio Abrente 2020 por O tsunami. Como poeta publicou Oenach (Premio Fiz Vergara Vilariño 2014), Exhumación (Premio Manuel Lueiro Rey 2016) e Alcatrán (Premio Johán Carballeira 2020). Impulsou o proxecto Ferrol rebelde.

Marcos Abalde |

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Esther F. Carrodeguas

Esther F. Carrodeguas: “O conflito principal era que pasa cando non se contempla a idea de muller nin de home”

Omma

Omma