Freixo de Espada à Cinta acollerá a primeira edición da súa feira de teatro de bonecos, marionetas e formas animadas os días 2, 3 e 4 de setembro. O festival reunirá artistas e compañías nesta vila portuguesa situada no interior de Trás-os-Montes, reivindicando que moitas veces a xente destas localizacións é a grande “esquecida” das programacións oficiais da cultura, “que teima em habitar apenas os grandes centros”.
Neste encontro participarán varias compañías galegas: Monicreques de Kukas, Tanxarina e Trécola Producións; ademais de grupos procedentes do resto de España, Portugal, Italia e Venezuela. Ao longo de tres días presentaranse un total de 22 espectáculos, e promoveranse tamén encontros e intercambios entre propias as compañías e co público asistente. Todos os espectáculos vanse desenvolver nas rúas e prazas da vila.