in

Freixo de Espada à Cinta celebra a súa primeira feira de formas animadas do 2 ao 4 de setembro

Cartaz editado en jpg scaled |

Freixo de Espada à Cinta acollerá a primeira edición da súa feira de teatro de bonecos, marionetas e formas animadas os días 2, 3 e 4 de setembro.  O festival reunirá artistas e compañías nesta vila portuguesa situada no interior de Trás-os-Montes, reivindicando que moitas veces a xente destas localizacións é a grande “esquecida” das programacións oficiais da cultura, “que teima em habitar apenas os grandes centros”.

Neste encontro participarán varias compañías galegas: Monicreques de Kukas, Tanxarina e Trécola Producións; ademais de grupos procedentes do resto de España, Portugal, Italia e Venezuela. Ao longo de tres días presentaranse un total de 22 espectáculos, e promoveranse tamén encontros e intercambios entre propias as compañías e co público asistente.  Todos os espectáculos vanse desenvolver nas rúas e prazas da vila.


Publicidade

PROGRAMA COMPLETO

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Casilda Alfaro. Foto: Diego Seixo

Casilda García Alfaro recibe o Premio Xograresa de Outono 2021

'Intempestiva'. Elahood Danza.

‘Intempestiva’ de Elahood no Festival C de Compostela o 30 de agosto