in ,

‘Intempestiva’ de Elahood no Festival C de Compostela o 30 de agosto

'Intempestiva'. Elahood Danza.
'Intempestiva'. Elahood Danza.

O vindeiro luns 30 de agosto ás 20.00h no Cemiterio de Bonaval, dentro da programación do Festival C de Compostela Cultura, a compañía Elahood presenta o seu traballo arredor da voz de Xela Arias tras a súa estrea no ciclo Propulsa Danza + Paisaxe + Patrimonio.

INTEMPESTIVA

  1. Que se fai ou ocorre nun momento que non convén.
  2. Que non é o máis apropiado por non ser o habitual ou acostumbrado.

Intempestiva de Elahood formúlase como un exercicio de liberdade e de desobediencia.

Publicidade

Sempre nas marxes, oprimidas e con falta de espazos e de oportunidades de mostrar a nosa identidade real. Intempestiva é a tempestade que nos avasalou de golpe e á que agora lle plantamos cara.

Xela Arias fai poesía en movemento, con contrastes, dinamismo, xogando coas regras ortográficas e os formatos, tamén a danza da compañía galega xoga cos ritmos, fragmentacións, contrastes e desequilibrios.

Intempestiva traslada os versos de Xela Arias aos corpos e Elahood, nunha viaxe compartida co público, desde unha mirada feminina desbordada no movemento e na danza.

Un retrato en movemento da axitación creativa das novas xeracións.

 

Creación, dirección e interpretación: Sabela Domínguez e Julia Laport

Dramaturxia: Gena Baamonde

Espazo sonoro: LLXNTO e Bruno Baw

 

Publicidade

ELAHOOD

Elahood é unha compañía de danza emerxente formada por Sabela Dominguez e Julia Laport no ano 2017.

A visibilización das danzas urbanas como un medio de expresión lexítimo na danza profesional, unha visión artística clara e directa, caracterizada por unha linguaxe visual e musical cunha mirada cara fóra, son algúns dos piares sobre os que cimentan a súa creación.

A súa actividade escénica vese acompañada dunha gran presencia na comunidade urbana, impulsando e participando en varios proxectos e eventos tanto a nivel nacional como internacional (Milan, Seoul, Paris, Bangkok..). Combinan isto co seu papel pedagóxico onde levan a cabo numerosas formacións tanto presenciais dentro da comarca, como online onde participan bailarinas e bailaríns de diferentes países.

No 2022 a compañía estreará , coprodución co Centro Coreográfico Galego.

 

Reserva de entradas en Compostela Cultura.

Publicidade
Publicidade
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Cartaz editado en jpg |

Freixo de Espada à Cinta celebra a súa primeira feira de formas animadas do 2 ao 4 de setembro

IMG 20210821 174425 856 |

noradanze: “Soño cunha escena onde poidamos ver espectáculos de linguaxe urbana, profundos de contido, cunha estrutura de profesionais propia.”