in , ,

Carlos Alves gaña o III Premio PLATTA de teatro breve

Carlos Alves. Foto Alexandre Alves
Carlos Alves. Foto Alexandre Alves

O actor, director e dramaturgo, Carlos Alves vén de gañar coa súa obra 13 de Maio o III Prémio PLATTA de Peças Curtas de teatro que desde hai tres anos convoca en galego, portugués e castelán a erregueté. O xurado, formado por Rosa María Gantes, Santiago Cortegoso e Xoán Carlos Riobó, valorou especialmente a súa proposta aberta na que se suxire, máis que indica, unha analoxía entre a festividade da Virxe de Fátima, a orixe simbólica das personaxes con nomes bíblicos e unha aproximación ao conflito de xénero desde unha posición orixinal e poética.

Residente en Queluz (Portugal), Carlos Alves iniciou o percorrido profesional no Teatro en 2006. É licenciado en Comunicación Social, especialízase en Artes Performativas, na Escola Superior de Teatro e Cinema. Dirixiu, nos últimos anos, a compañía teatral Ditirambus.

Para o Centro Cultural de Belém creou, en 2019 e en colaboración con outros artistas, os espectáculos Romeu e Julieta Sem Destino e Entre Flores e Batalhas. Tamén este ano, levou a cabo as primeiras representacións do seu espectáculo Suriya.

Camarim, en co-autoría con Ana Campaniço, foi o seu primeiro texto levado á escena, que el mesmo dirixiu (2014). Dirixiu, ademais, Uma Questão de Tempo, peza de Jaime Salazar Sampaio. Das creacións anteriores destacan A Última Peça de Simon Smith (con Bárbara Água), Carolina, Os Nossos Vizinhos Dormem Cá em Casa, Caídas em Desgraça, Romeu e Julieta – A Revolta e Direito ao Assunto (espectáculo creado para o extinto Teatro Rápido, em Lisboa). Estes espectáculos tiveron funcións en Lisboa, moitas delas no Teatro Turim, e noutros locais do país, como a illa de São Miguel, Ponte de Lima e Setúbal.


Publicidade

Da súa traxectoria como actor, sinalar as participacións nos espectáculos El Quijote, con dirección de Célia Figueira; O Frio que Faz na Cama de António Manuel Revez; Assim Que Passem Cinco Anos e Amor de D. Perlimplim com Belisa em Seu Jardim de Federico Garcia Lorca; A Relíquia de Eça de Queirós, adaptación de Filomena Oliveira; Pluft, O Fantasminha de Maria Clara Machado; O Rei Está a Morrer de Eugène Ionesco; Tomai Lá do O’ Neill de Filomena Oliveira; Na Boca da Noite de Onivaldo Dutra; e Hoje Durmo em Berlim de A. Branco.

Actualmente está tamén a desenvolver o proxecto de investigación “Artistas da Emergência – um arquivo da memória presente sobre as novas gerações do Teatro português”, co apoio da DG Artes.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Fotografía de Mohammad Rahmani

O teatro outro

‘Napoleão ou o complexo de épico’ da Companhia do Chapitô. Foto Mostra de Cariño

Companhia do Chapitô e Ghazafelhos, premios do público na XLIII Mostra de Teatro Galego de Cariño