Rubicundo’, para público infantil, e ‘Napoleão ou o complexo de épico’, para público adulto, foron as favoritas nesta cuadraxésimo terceira edición da Mostra de Teatro.
Os premios serán entregados na XLIV Mostra de Teatro, o próximo ano.
A XLIII Mostra de Teatro Galego de Cariño xa ten as súas favoritas do público para esta edición do 2021. Os que obtiveron máis votos por parte dos espectadores foron a Companhia do Chapitô e a súa obra ‘Napoleão ou o complexo de épico’, para público adulto, e Teatro Ghazafelhos con Rubicundo’, dirixida aos máis pequenos.
Na primeira a compañía portuguesa atrévese con Napoleón Bonaparte. Centrándose na súa figura histórica e contando, con humor e poesía, os reversos da súa historia. Porque todas as moedas teñen dous lados: cara ou cruz.
A segunda está baseada na novela homónima de María Canosa finalista no premio da XXIX edición do Merlín de literatura infantil 2014. Versa sobre a vida de Rubicundo, que todas as noites sae na súa bicicleta por encima da árbore do seu xardín rumbo á noite. Parece que ninguén repara neste personaxe enfundado nun gabán e chapeu de copa. Ninguén excepto Erea. Rubicundo cóntanos unha fermosa historia sobre a amizade, a constancia e a poesía, abríndonos a posibilidade de perseguir os nosos soños sen sentir límites nin distancias.
Os premios entregaranse ao comezo da Mostra do ano que vén, para 2022, na súa cuadraxésimo cuarta edición.
GIPHY App Key not set. Please check settings