in ,

Companhia do Chapitô e Ghazafelhos, premios do público na XLIII Mostra de Teatro Galego de Cariño

‘Napoleão ou o complexo de épico’ da Companhia do Chapitô. Foto Mostra de Cariño
‘Napoleão ou o complexo de épico’ da Companhia do Chapitô. Foto Mostra de Cariño

Rubicundo’, para público infantil, e ‘Napoleão ou o complexo de épico’, para público adulto, foron as favoritas nesta cuadraxésimo terceira edición da Mostra de Teatro.

 Os premios serán entregados na XLIV Mostra de Teatro, o próximo ano.

 A XLIII Mostra de Teatro  Galego de Cariño xa ten as súas favoritas do público para esta edición do 2021. Os que obtiveron máis votos por parte dos espectadores foron a  Companhia do Chapitô e a súa obra ‘Napoleão ou o complexo de épico’, para público adulto, e Teatro Ghazafelhos con  Rubicundo’, dirixida aos máis pequenos.

Na primeira a compañía portuguesa atrévese con Napoleón Bonaparte. Centrándose na súa figura histórica e contando, con humor e poesía, os reversos da súa historia. Porque todas as moedas teñen dous lados: cara ou cruz.


Publicidade

A segunda está baseada na novela homónima de María Canosa finalista no premio da  XXIX edición do Merlín de literatura infantil 2014. Versa sobre a vida de Rubicundo, que todas as noites sae na súa bicicleta por encima da árbore do seu xardín rumbo á noite. Parece que ninguén repara neste personaxe  enfundado nun gabán e chapeu de copa. Ninguén excepto Erea. Rubicundo cóntanos unha fermosa historia sobre a amizade, a constancia e a poesía, abríndonos a posibilidade de perseguir os nosos soños sen sentir límites nin distancias.

Os premios entregaranse ao comezo da  Mostra do ano que vén, para 2022, na súa cuadraxésimo cuarta edición.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Carlos Alves. Foto Alexandre Alves

Carlos Alves gaña o III Premio PLATTA de teatro breve

'Onde pousa a humidade' de Marcia Vázquez

O XI Corpo(a)terra múdase de Ourense para Gondomar e Allariz