Despois de 10 anos de Corpo(a)terra, unha XI edición máis deslocalizada e o inicio dunha nova etapa en Gondomar.
Corpo(a)terra, festival de danza e artes do corpo referencia en Galicia, celebrarase entre os días 31 de agosto e 4 de setembro.
Nesta undécima edición o festival reinvéntase nunha nova etapa denominada c(a)t, unha versión máis curta do nome e tamén da programación, dada a situación provocada pola COVID-19.
O festival é acollido polo Concello de Gondomar, principal colaborador da edición. Para as organizadoras é “un novo comenzo que tomamos con ilusion e no que sinalamos a gran profesionalidade e bo anfitrionismo que nos brinda para a nosa nova década este marabilloso espazo.”
O XI c(a)t vai permitir ver compañías galegas consolidadas e emerxentes, como é o caso da peza Onde pousa a humidade da viguesa Marcia Vázquez, imaxe desta edición. Tamén as pezas seleccionadas polo Circuito da rede Acieloabierto (aglutinador dos 12 festivais máis consolidados do Estado e da que corpo(a)terra forma parte desde a súa constitución); colaboracións internacionais, danza e a súas ramificacións cara ao circo e a performance.
Ademais dos espectáculos de danza de compañías galegas que se verán na Praza do Concello de Gondomar, como é o caso da xa citada Marcia Vázquez, da Cía. Qabalum, Cía. Nova Galega de Danza ou da artista Alba Troiteiro, poderemos atopar pola cidade coa intervencion da artista Maria Roja.
En Gondomar presenciaranse os traballos de 3 compañías estatais no centro da cidade: Cía. Javier Guerrero de Cataluña (que presentará un cuarteto de danza), Cía. Álvaro Murillo de Extremadura (un só en clave de flamenco contemporáneo) e La Intrusa desde Cataluña (un dúo que combina a danza coa música en directo), unha peza internacional: Draconis Lacrimae de Pablo E. Lilienfeld e Federico Vladimir Strate Pezdirc (Bruxelas-Galicia), nun formato especial.
Para as persoas, non residentes na zona, que acudan a corpo(a)terra, dispúxose dun pack de danza e turismo rural en colaboración co Pazo da Escola para facilitar a súa estancia na localidade.
O día 4, último día do festival, despois da actuacion Nova Galega de Danza, co seu recoñecido traballo Leira, poderase disfrutar da Cía. La intrusa como peche de edición, cunha peza curta moi festiva que deixa ao público con ganas de bailar.
Nesta edición de c(a)t realizarase unha versión reducida e limitada de ENXEBRE´danza, o programa de formación do corpo(a)terra, os días 3 e 4 de setembro no Pavillón de Deportes Bernabé Costas de Gondomar.
En Allariz, por quinto ano consecutivo, corpo(a)terra estende a súa programación coa xornada do día 1 de setembro, onde se poderá ver o traballo da galega Paula Quintas, da Cía. Chey Jurado e Akira Yosida e do músico Nacho Muñoz.
Ademais, en colaboración co Proxecto da coreógrafa Nuria Sotelo a Casa Vella de Amiadoso, realizarase a presentación de Afonso Becerra do primeiro libro de historia da danza de Galiza, acompañado pola coreógrafa Amparo Martínez Paz.
Traspediante
A Asociación trasPediante cultura leva 10 anos traballando pola danza en Galicia e programando o corpo(a)terra na provincia de Ourense, na que nesta edición mantén unha xornada no Concello de Allariz o día 1.
Tanto no Concello de Allariz como no de Gondomar apóstase por facer unha inversion económica e de recursos. Este ano o festival, en formato reducido por mor da COVID-19, trae a ambos concellos e grazas ao compromiso co proxecto e ao apoio económico e loxístico que aportan, unha programación que triplica a súa colaboración coa involucración da propia Asociacion que suma unha financiacion con fondos propios, a maiores do achegado a través de axudas do Inaem, Agadic e outras colaboracións adquiridas durante o traballo sostido destes 11 anos.
PROGRAMA C(A)T 2021:
31 de agosto – Gondomar
12.00h – Rolda de Prensa coa intervención artística de Marcia Vázquez (Galicia)- Casa do Concello – Gondomar
20.00h – 8km en mula de Álvaro Murillo (Estremadura) – Praza do Concello – Gondomar
1 de setembro – Allariz
18.00h – Presentación do libro Historia da Dança Contemporânea na Galiza (Através Editora) de Afonso Becerra, coa coreógrafa Amparo Martínez Paz como convidada (Galicia). A Casa Vella – Amiadoso – Allariz.
20.00h – Hito de Chey Jurado e Akira Yoshida (Cataluña). Rede Acieloabierto. Campo dos Brancos – Allariz.
20.30h – SET de Paula Quintas (Galicia). Campo dos Brancos. Allariz.
21.10h – Bailarico Noise de Nacho Muñoz (Galicia).
3 de setembro – Gondomar
10.00h- 12.00h – Formación Enxebre21 – Workshop de Javier Guerrero (Cataluña). Pavillón – Gondomar
12.30h – Preestrea. Onde pousa a humidade de Marcia Vázquez (Galicia). Praza do Concello – Gondomar
19.30h – Estrea. Onde pousa a humidade de Marcia Vázquez (Galicia). Praza do Concello – Gondomar
20.00h – AM27 de Javier Guerrero (Cataluña). Rede Acieloabierto. Praza do Concello – Gondomar
21.00h – Draconis Lacrimae de Pablo E Lilienfeld e Federico Vladimir Strate Pezdirc (Bruxelas – Galicia). Pazo da Escola – Gondomar
4 de setembro – Gondomar
10.00h-12.00h – Formación Enxebre21 – Workshop de Javier Guerrero (Cataluña). Pavillón – Gondomar
12.30h – Función aperitivo. La Levedad de Qabalum (Galicia – Navarra). Praza do Concello – Gondomar
17.00-19.00h Formación Enxebre21 – Workshop de aro con Alba Troiteiro (Galicia). Pavillón – Gondomar
20.00h – La Levedad de Qabalum (Galicia – Navarra). Praza do Concello – Gondomar
20.30h – Apropósito dese equilibrio de Alba Troiteiro (Galicia). Praza do Concello – Gondomar
21.00h – Programación Concello Gondomar: Leira de Nova Galega de Danza (Galicia). Praza do Concello – Gondomar.
23.00h – Niágara de La Intrusa (Cataluña). Rede Acieloabierto. Praza do Concello – Gondomar.
Días 3 e 4 de setembro: Intervención artística “Meminiss-e” de María Roja nas rúas de Gondomar.