in ,

O Festival de Teatro Afeccionado Agustín Magán arranca o venres con oito representacións

Festival Agustin Magán
Foto de Xoán Crespo

A Federación Galega de Teatro Afeccionado FEGATEA organiza os días 17, 18, 19, 24 e 25 de setembro e os días 1, 2 e 3 de outubro o XX Festival de Teatro Afeccionado Agustín Magán en Santiago. As representacións terán lugar no Teatro Principal, na Sala Magán do Centro Cultural de Sta. Marta e no Salón Teatro da capital compostelá.

A programación arrancará o venres 17 de setembro ás 20,00 horas no Teatro Principal a cargo de A.C. Teatrino e a comedia Lisístrata. O Teatro Principal acollerá tamén as sesións do sábado 18 con Paso Valverde e o espectáculo de monicreques Carolina Ultrasónica e do domingo 19, con Teatro Escoitade e a representación Dominó Celeste Que vai ser de ti Ernesto?.

As funcións continuarán o venres 24 de setembro, neste caso no Centro Sociocultural de Santa Marta-Sala Agustín Magán, ás 19,00 horas con A Tequerreté Teatro e a comedia Confinad@s. O sábado 25 tamén no mesmo escenario e á mesma hora actuará Axóuxere Teatro con Facendo as partixas.

O Festival rematará no Salón Teatro. As representacións arrancarán o venres 1 de outubro ás 20,00 horas con FarandOleiras Cabaré que interpretarán Olimpo’s. O sábado 2 de outubro a quenda será para Farándula Vetulina con A derradeira bala. A última representación será o domingo 3 de outubro con Andaravía Teatro e a peza Xacovedra.


Publicidade

O 3 de outubro no Salón Teatro, celebrarase unha homenaxe ao actor e director do teatro amador que dá nome ao Festival de Teatro Afeccionado, Agustín Magán. No acto asistirá a familia do autor e membros de Ditea, grupo que formou e dirixiu.

A comunidade do teatro afeccionado en Galicia é unha das maiores do territorio español e a Federación Galega de Teatro Afeccionado, formada hoxe en día por 50 grupos das catro provincias, constituídos por máis de 600 persoas, conforma na actualidade a entidade máis representativa do teatro amador galego.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

NEVERMORE de Chévere

Chévere estrea N.E.V.E.R.M.O.R.E. sobre a crise do Prestige no Centro Dramático Nacional

Habitación Peregrina Pro

A segunda edición de Habitación Peregrina Pro finaliza con 160 encontros entre profesionais