in

A segunda edición de Habitación Peregrina Pro finaliza con 160 encontros entre profesionais

Habitación Peregrina Pro
Escena de Abre el ojo de Producciones A66 (Asturias)

Medio cento de profesionais vinculados ao sector das artes escénicas e do ámbito cultural de Galicia, Asturias, Cantabria e Euskadi participaron na iniciativa, celebrada desde o martes 14 no Centro Cultural Vello Cárcere de Lugo.

O encontro profesional Habitación Peregrina Pro bota a chave até o ano que vén. O centro cultural O Vello Cárcere de Lugo acolleu, durante tres xornadas, a segunda edición dunha cita sinalada para os axentes escénicos das catro comunidades autónomas que participan no programa de intercambio artístico e profesional Camiño Escena Norte. Case 60 profesionais, entre artistas, técnicas municipais de cultura, equipos de programación e de distribución, ademais de directoras de teatros, participaron desde o martes 14 nunhas xornadas “enriquecedoras e dinámicas que favorecen e impulsan a conexión profesional entre Galicia, Asturias, Cantabria e Euskadi”, segundo apunta o coordinador do proxecto, Diego V. Meizoso.

Ao longo destes tres días, Habitación Peregrina Pro acolleu case 160 xuntanzas, nas que tanto as compañías como as creadoras puideron dar a coñecer os seus proxectos a outros axentes culturais a través de diversas presentacións, xuntanzas rápidas e pitchings. Diferentes actividades de dinamización e formación con profesionais de prestixio completaron unha iniciativa que, tal e como apunta Meizoso, “foi moi positiva tanto a nivel cualitativo coma cuantitativo” e senta as bases para establecer “un espazo de encontro e reflexión anual que nos permita afondar, tamén desde a perspectiva profesional, na necesaria conexión cultural dos territorios do norte”, sinala Meizoso.

Publicidade

Ademais do encontro profesional Habitación Peregrina Pro, a provincia de Lugo acolle novas funcións do Itinerario Constelacións, o programa de exhibición aberto ao público que Camiño Escena Norte ofrece nas catro comunidades autónomas implicadas no proxecto. Esta fin de semana a compañía asturiana A66 Producciones levará o seu espectáculo Abre el ojo, de Francisco de Rojas Zorrilla, ás localidades de Mondoñedo e Lugo. A primeira función desta comedia clásica será osábado 18 na praza da Catedral de Mondoñedo (en caso de choiva sería no interior do auditorio Pascual Veiga), mentres que o domingo 19 a función terá lugar Auditorio Municipal Gustavo Freire, de Lugo. Ademais, coa intención de contextualizar e visualizar esta comedia do século áureo, a compañía realizará, na xornada do domingo dúas actividades paralelas dirixidas ao público xeral: un obradoiro de ritmo versal, nomeado A fala dos clásicos; e un encontro co público ao remate da función da tarde, no que tamén participará Anxo Manoel, de Lucelús Teatro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Festival Agustin Magán

O Festival de Teatro Afeccionado Agustín Magán arranca o venres con oito representacións

Barbara Morgan. Martha Graham -Carta al mundo (patada), 1940 ©

Barbara Morgan. Xesto, danza e expresionismo