in

Habitación Peregrina PRO busca tecer sinerxias entre compañías e axentes do sector da franxa norte

Habitación Peregrina Pro

Camiño Escena Norte levará a Lugo o encontro de profesionais do sector Habitación Peregrina PRO dende o 14 ao 16 de setembro. Un foro de debate, formación e sinerxias que nace tras detectar que “non existe un coñecemento en profundidade nin unha relación estable de sinerxias entre as compañías e axentes profesionais do sector das artes escénicas que operan nos 4 territorios implicados neste proxecto: Galicia, Asturias, Cantabria e Euskadi”, segundo indican os organizadores.

O proceso de inscrición está aberto ata o día 30 de agosto con prezos que van dos 20 aos 180 euros dependendo dos días de asistencia e con descontos para socios das asociacións promotoras.

“O obxectivo principal de Camiño Escena Norte é o de crear un novo corredor cultural artellado por medio deste novo territorio compartido, que sirva tamén para o coñecemento mutuo por medio da produción cultural de cada CCAA no eido das artes escénicas”, sinalan. Así, ademais de poñer en contacto ao público con espectáculos e actividades paralelas, Camiño Escena Norte pretende incentivar a interrelación entre territorios e as sinerxias profesionais entre compañías de Galicia, Asturias, Cantabria e Euskadi.


Publicidade

Habitación Peregrina PRO pretende ser un espazo de convivencia profesional onde o cento de compañías que abranguen as asociacións promotoras (Escena Galega, EscenAsturias, Acepae e Eskena), máis todas aquelas do sector que queiran unirse á actividade, poidan entrar en contacto, coñecer as súas liñas de traballo e propostas estéticas, coñecer a realidade dos distintos circuitos de programación, explorar vías de coprodución e traballo conxunto e acceder a propostas de formación que sexan de interese para o seu desenvolvemento profesional. Así mesmo, o encontro pretende ser un foco de reflexión e coñecemento sobre a realidade do sector nas circunstancias actuais, cunha 2ª edición do encontro que organizamos grazas á grande acollida e os resultados da proposta no ano 2020.

Os contidos deste encontro van desde conferencias a obradoiros, pasando por pitchings, speed meetings e dinámicas de grupo arredor de temas como a a promoción e distribución, o modelo de residencias e formación. Nel participan desde expertos ata responsables de administracións das autonomías implicadas.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Falece Francisco Pillado Mayor

Falece Francisco Pillado Mayor, figura clave na dignificación do teatro galego

Festival de Títeres de Redondela

O Festival de Títeres de Redondela programa máis de 40 actividades do 1 ao 5 de setembro