in , ,

Pallasos en Rebeldía estrea ‘FOOT’ no FIOT de Carballo

FOOT
Fotografía de Pallasos en Rebeldía

Este luns 11 de outubro, Pallasos en Rebeldía estrea FOOT no FIOT de Carballo. Inspirado en eventos reais, FOOT é un monólogo poético, cómico e surrealista no que un futbolista palestino conta o imposible camiño do seu equipo para clasificar á Copa Mundial. Un camiño de controis militares, exilio, corrupción e morte. O espectáculo poderase ver no Mercado Municipal carballés ás 21:00 horas.

Escrita polo dramaturgo palestino-americano Ismail Khalidi, dirixida por Iván Prado e protagonizada por Fran Rei, na natureza de FOOT está a natureza da asociación galega Pallasos en Rebeldía. Isto é, sensibilizar á cidadanía desde a cultura sobre as terribles situacións que están a sufrir pobos que padecen opresión, como o palestino.

“Queremos abrir procesos de esperanza e transformación dende aquí cara eses mesmos territorios en conflito, mediante accións que entenden a arte como linguaxe universal, impulsando valores sociais e políticos a través do teatro e o circo”, afirma Iván Prado, director da peza e voceiro de Pallasos en Rebeldía.


Publicidade

Pallasos en Rebeldía

Espazo artístico de solidariedade internacional, transformación política e fraternidade entre os pobos que se expresa a través do clown e o circo que defende o fin da ocupación sionista e o terror en Palestina, acompaña ao pobo saharauí no seu retorno ao Sáhara libre e forma parte do movemento solidario coa revolución zapatista en México.

Foot |

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Casilda Alfaro

Casilda Alfaro xa é ‘Xograresa de Outono’ do FIOT de Carballo

Olga Cameselle

Olga Cameselle recibe o premio a mellor actriz en Turquía