in , ,

O certame 67 Graos Ourense Fervescénica do FITO desvela os proxectos seleccionados

67 Graos Ourense Fervescénica
'Lama', de Ana Abad de Larriva - Imaxe de David Rodas

O xurado do Certame 67 GRAOS Ourense Fervescénica; integrado por Roberto Pascual, director da MIT de Ribadavia; a novelista Rochi Nóvoa; Gaspar Broullón, produtor audiovisual e profesor da Universidade de Santiago de Compostela; Eva Torres, directora do Museo Municipal de Ourense; José Lameiras, deseñador gráfico e músico; e Rut Balbís, bailarina e coreógrafa; elixiu Lama, de Ana Abad de LarrivaÉtude 1. Op.1. Variacións sobre o silencio, de Helena Salgueiro; Retrato principal, de Carlota Mosquera e Andrés Seara; Entre gotas de chuvia, de Amanda Von Blank;  e Nik·eu, de Xián Martínez, como os proxectos beneficiarios das cinco bolsas de creación que nesta edición promove o Festival Internacional de Teatro de Ourense, FITO.

Temas como a busca da identidade, o abandono do rural e a conexión coas raíces, a necesidade de seguir denunciando a situación da muller ou os límites entre a verdade e a mentira, entre o real e o inventado, acaparan o arco temático das cinco propostas de espectáculos de pequeno formato que se beneficiarán así das cinco bolsas de creación que promove o festival por primeira vez.

Cada proposta seleccionada conta cunha achega por parte do FITO  de 300 € para facer fronte aos gastos de produción dos microespectáculo, cunha duración máxima de vinte minutos e mínima de dez. As pezas performativas exhibiranse o vindeiro día 24 no Teatro Principal de Ourense, ás 19.00 horas, salvo Nik·Eu, de Xián Martínez, que finalmente non vai poder estar para mostrar a peza resultante) e as persoas espectadoras outorgarán o premio do público, que ten unha dotación de 600 €.


Publicidade

Con esta iniciativa o FITO busca reforzar a influencia positiva no plano social, cultural, artístico e económico que xera o festival, activando o tecido cultural de base ademais do profesional,  e promovendo unha cidade viva e visibilizando a cultura e os seus profesionais.

67 graos-Ourense Fervescénica, nome que fai referencia á  temperatura coa que sae a auga do cano grande da Burga, pretende, dentro das súas posibilidades, demandar de xeito proactivo políticas  que incentiven e non castiguen a acción cultural, divulgar novas linguaxes artísticas no ámbito  das artes escénicas, e pór acento no desmantelamento cultural e as políticas desactivadoras.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

I Congreso de Teatro Amador. Deputación da Coruña e AMATEGA

Celébrase o I Congreso de Teatro Amador na Coruña

ítaca teatro

Ítaca Teatro estrea ‘Formigas no peto’, un espectáculo emocional sobre a infancia