in

Ítaca Teatro estrea ‘Formigas no peto’, un espectáculo emocional sobre a infancia

ítaca teatro
Foto: Juan Rivas
O Teatro Lauro Olmo de O Barco acolle a estrea mundial de Formigas no peto, da compañía lucense Ítaca Teatro e protagonizada por Carlos Rebolo. Será o venres 22 ás nove da noite.
Este é o segundo espectáculo da compañía, na que afondan na capacidade do teatro para comunicar e transmitir emocións e dá un paso máis na experimentación con códigos contemporáneos.
Formigas no peto é un espectáculo unipersoal, destinado a público mozo e adulto, que propón unha viaxe polas emocións, no que se mesturan tres códigos diferentes: teatro de actor, narración oral e teatro de imaxes. Con esta montaxe, Ítaca Teatro embárcase nunha creación colectiva cunha dramaturxia propia, de Ana Carreira e José Campanari, baseada no traballo de narrador e de improvisación do protagonista, Carlos Rebolo.
Rebolo califica a peza de “viaxe emocional que nace da necesidade de comunicar, de compartir, de facer do público no só un grupo de espectadores se non tamén de espectactores. O traballo máis arriscado e persoal que levo feito ata de agora”.
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

67 Graos Ourense Fervescénica

O certame 67 Graos Ourense Fervescénica do FITO desvela os proxectos seleccionados

Cartografía en movemento

O Festival Cartografía en Movemento inicia hoxe en Lugo a súa décima edición