in ,

Celébrase o I Congreso de Teatro Amador na Coruña

I Congreso de Teatro Amador. Deputación da Coruña e AMATEGA
I Congreso de Teatro Amador. Deputación da Coruña e AMATEGA

A , en colaboración coa Federación de Galego, AMATEGA, organizan o I Congreso de Teatro Amador, o venres 22 e o sábado 23 de outubro de 2021 no Auditorio do I.E.S. Rosalía Mera da cidade herculina.

O I Congreso de Teatro Amador, comisariado por Josefa Deibe Pico, enmárcase dentro do ciclo “A Cultura é un dereito” da Deputación da Coruña.

O Congreso ten como principal obxectivo poñer o foco no teatro amador, un axente cultural integrador, que facilita a participación activa da cidadanía na cultura e que achega actividade cultural a aqueles municipios que doutro xeito terían carencias.

Publicidade

Participarán no Congreso persoeiros de dilatada experiencia no sector e nos seus respectivos campos de actuación, que analizarán como nacen e se desenvolven os grupos de teatro amador, cal é a situación do sector en Galiza e a nivel estatal e internacional, cales son as súas principais reivindicacións, os seus grupos e federacións e as súas principais carencias.

O Congreso contará tamén coa participación doutras federacións autonómicas de teatro amador do Estado que, nunha mesa redonda sobre a situación do sector nas autonomías, tratarán sobre o apoio institucional nos distintos territorios e o impacto que tivo e está a ter a pandemia da Covid-19, así como a análise das estratexias para os próximos meses de reactivación da actividade cultural.

Publicidade

Debido a que o aforo é limitado por mor da situación sanitaria, todas as intervencións retransmitiranse en streaming a través da canle de Youtube Cultura Deputación da Coruña.

O prazo de inscrición para asistir presencialmente péchase ás 14h. do día 21 de outubro. Velaquí o enlace para realizar a inscrición.

Publicidade
Publicidade
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

GIPHY App Key not set. Please check settings

    Janet Novás. 'Who Will Save Me Today?'

    Janet Novás gaña o premio El Ojo Crítico de RNE na categoría de danza

    67 Graos Ourense Fervescénica

    O certame 67 Graos Ourense Fervescénica do FITO desvela os proxectos seleccionados