in ,

Janet Novás gaña o premio El Ojo Crítico de RNE na categoría de danza

Janet Novás. 'Who Will Save Me Today?'
Janet Novás. 'Who Will Save Me Today?'

A coreógrafa e bailarina do Porriño, Janet Novás (1982) vén de gañar o premio El Ojo Crítico de RNE na categoría de danza, na XXXII edición destes prestixiosos galardóns.

Segundo o xurado, a creadora galega é merecedora desta distinción porque “coa súa danza non dubida en impresionar e apelar ao público con coherencia e honestidade con maiúsculas, por realizar unha exploración do mundo moi persoal, pola súa facilidade para materializar ideas e demostrar que certos desexos interpretativos poden encontrar un vehículo corporal, espacial e temporal, polo seu labor de pedagoxía e por unha traxectoria que lle dá sentido a bailar.”

O xurado estivo integrado por Rafaela Carrasco, bailaora, coreógrafa e catedrática de baile flamenco non Conservatorio Superior de Danza María de Ávila de Madrid; Asun Noales, bailarina, coreógrafa e Premio Max 2021 á Mellor Coreografía; Daniel Abreu, bailarín, coreógrafo e Premio Nacional de Danza; Jesús Rubio Gamo, bailarín, coreógrafo e Premio El Ojo Crítico 2020 na categoría de danza; Olga Baeza, especialista en danza e directora do programa A Compás de Radio 5; Miguel Ángel Hoyos, subdirector do programa El Ojo Crítico de RNE; e Laura Barrachina, xefa da área de cultura dos servizos informativos de RNE e directora do programa El Ojo Crítico.


Publicidade

Janet Novás, este mesmo ano, tamén recibiu un dos galardóns máis relevantes, o Premio da Crítica á Mellor Bailarina 2020, dos Premios da Crítica de Cataluña, pola súa peza Mercedes máis eu.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Greenpiss

Greenpiss

I Congreso de Teatro Amador. Deputación da Coruña e AMATEGA

Celébrase o I Congreso de Teatro Amador na Coruña