Nun momento no que as exhibicións están suspendidas por mor das restricións derivadas da pandemia COVID-19, o Centro Dramático Galego pón á disposición das compaías e creadoras/es galegas/os, un espazo para o encontro, a reflexión e a investigación no Salón Teatro de Santiago de Compostela.
Etiqueta: Helena Salgueiro
Vinte e case non dou creto (parte I)
Se a cultura é un servizo público, dentro do cal as artes escénicas son unha das súas manifestacións máis senlleiras, delicadas, vulnerables e actuais, en Galiza as administracións públicas non acaban de ter á súa fronte gobernantes que demostren estar á altura do lexítimo e do xusto. Por suposto, hai excepcións, pero a verdade é que o panorama neste 2020 non acaba de demostrar que teñamos persoas cultas nos postos de goberno das diferentes administracións.
V Xornada da Sección de Literatura Dramática da AELG
Desenvolverase do 20 ao 21 de novembro de 2020 en formato online. Organizada pola AELG coa colaboración da Asociación Sócio-Pedagóxica Galega, o patrocinio do Concello da Coruña, a Deputación Provincial da Coruña e CEDRO, e a colaboración da Universidade da Coruña, baixo o título ‘As artes escénicas e as súas literaturas ante crises e pandemias’. […]
As entradas do FIOT en pausa sairán á venda o vindeiro luns 5 de outubro
A programación teatral celebrarase entre os días 9 e 18 de outubro en Carballo e contará con propostas como Curva España, A lingua das bolboretas, A xente 2.0, Liberto ou Prostitución. O teatro volve de xeito seguro á Carballo. O FIOT en pausa xa ten data para o inicio da venda de entradas para […]
O FIOT fai unha pausa no 2020 pero mantén a súa aposta pola creación escénica galega
A 29ª edición do festival non se celebrará, pero a Asociación Cultural Telón e Aparte e o Concello de Carballo propoñen unha programación teatral especial entre os días 9 e 18 de outubro nomeada FIOT en pausa. “Ás veces, para continuar, cómpre facer unha parada, coller folgos e reiniciar”. O director do FIOT e da Asociación […]
Compostela acolle o festival USCénica 2020
Do 1 ao 18 de xullo Compostela acolle o festival USCénica 2020. Máis dunha ducia de espectáculos galegos danse cita nesta cita organizada pola Universidade de Santiago de Compostela e que se desenvolverá na Sala de teatro Roberto Vidal Bolaño, a terraza do Auditorio da Universidade e o Salón Teatro. | Foto: Manuel G. Vicente | […]