in

V Xornada da Sección de Literatura Dramática da AELG

2020 Xorn Lit Dram |
Desenvolverase do 20 ao 21 de novembro de 2020 en formato online. Organizada pola AELG coa colaboración da Asociación Sócio-Pedagóxica Galega, o patrocinio do Concello da Coruña, a Deputación Provincial da Coruña e CEDRO, e a colaboración da Universidade da Coruña, baixo o título ‘As artes escénicas e as súas literaturas ante crises e pandemias’.

 

A xornada da Sección de Literatura Dramática da AELG desenvolverase na súa quinta edición de xeito online. A pandemia da COVID-19 non frea esta cita anual coa dramaturxia nin desvía á Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega da súa vontade á hora de pór en foco unha das manifestacións artísticas máis senlleiras e estratéxicas dun sistema literario e dunha cultura de seu.

Un dos elos fundamentais desta xuntanza, apuntados pola organización, é a de server como viveiro e estímulo para as creadoras e creadores. Facilitar, visibilizar, abrir espazos de encontro, compartir o traballo artístico e atopar unha complicidade e un diálogo que potencie eses procesos de creación a través do III Festival Pezas dun Teatro do Porvir (Galiza + Portugal), que este ano ampliou a 7 os proxectos participantes (4 galegos e 3 portugueses).

Publicidade

Os relatorios e as mesas de debate terán como eixo fundamental ‘As artes escénicas e as súas literaturas ante crises e pandemias’, coa fin de xerar conciencia sobre a importancia da cultura para a saúde e o benestar común, e a idea de afortalar o sistema público da nosa cultura e das nosas artes.

 

PROGRAMA COMPLETO

 

[ Venres 20 de novembro (emisión en directo desde a canle da AELG) ]

– 16:30 Apertura da V Xornada.

– 16:45 Mesa redonda As literaturas para teatro e danza fronte ás crises.

Presentación e moderación: Afonso Becerra.

Interveñen: Branca Novoneyra e AveLina Pérez.

Publicidade

– 17:50 Mesa redonda A cultura é un ben necesario en tempos de crise?​

Presentación e moderación: Cilha Lourenço Módia.

Interveñen: Mercedes Queixas Mercedes Rosón.

– 19:15 Aula maxistral a cargo de Mickael de OliveiraDramaturgo e Director artístico do END, Festival Encontros de Novas Dramaturgias de Portugal. Presentación a cargo de Afonso Becerra.

[ Sábado 21 de novembro ]

III Festival Pezas dun teatro do porvir, Galiza + Portugal. Procesos abertos de escrita dramática.

Entre as 9:55 e as 13:30 h. (Galiza). Entre as 8:55 e as 12:30 h. (Portugal)

O funcionamento deste festival consta dunha exposición ou mostra dun fragmento da peza ou da peza enteira, no caso de ser breve, dentro dunha duración máxima de 15 minutos. Xusto despois, haberá un tempo complementario para un breve debate ou conversa ao seu respecto.

As presentacións faranse no formato que cada dramaturga/o ou equipa de dramaturxia considere máis axeitado á peza ou fragmento da peza que vai mostrar.

 

Máis información na web da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega

Publicidade
Publicidade
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Carme Varela, Esther Carrodeguas e Carlos Losada-Galiñáns

Carme Varela gaña o Premio Álvaro Cunqueiro e Esther F. Carrodeguas e Carlos Losada-Galiñáns, os Barriga Verde para monicreques

Certame Manuel María 2020

Incendiaria e A Quinta do Cuadrante acadan o II Certame Manuel María de Proxectos Teatrais