in

‘As paisaxes de Camille’: acción artística sobre a loita contra a violencia de xénero no rural

As paisaxes de Camille

As paisaxes de Camille é unha colaboración da compañía de artes vivas ABAR co grupo de artes escénicas da Asociación Ambar co gallo do 25N. A peza, producida pola Asociación Ambar, conta coa dirección de Helena Salgueiro e con Miguel Gendre como asistente de dirección. O elenco está composto integramente por mulleres con diversidade funcional de localidades rurais na zona de Ribeira: Noelia Argibay, Ángeles Devesa, Marina Mondelo, Conchita Mouriño, Carmen Pérez, Olaia Pérez, Montse Queiruga e Mercedes Río.

As paisaxes de Camille é unha peza escénica contemporánea que explora a contención, a rabia, a delicadeza e a sororidade, atravesando a imaxinaría escultórica e a vida de Camille Claudel con poemas paisaxísticos, coreografías e humor onírico.

A peza está a desenvolver unha xira que conta inicialmente con cinco funcións en concellos da contorna galega vinculados ó Camiño de Santiago: A Rúa, A Estrada, O Pino, Noia e Mondoñedo. Despois da estrea o 5 de novembro no Centro Cultural Avenida do Concello A Rúa, as seguintes funcións serán mañá, día 10, no Concello da Estrada; o xoves 11 no Concello do Pino; o venres 12 en Noia e o domingo 14 en Mondoñedo, e a entrada é gratuíta.


Publicidade

Esta creación encádrase dentro das actividades que Ambar está a realizar para conmemorar o día da loita contra a violencia de xénero e sitúase tamén dentro da vontade de ABAR de traballar para e con os sectores poboacionais menos representados nas artes. Ademais, a acción enmarcase no Pacto do Estado contra a violencia de xénero e está financiada pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Rocío González Premio Maruxa Villanueva

Rocío González recolle moi emocionada o Premio Maruxa Villanueva en Padrón

f´ogo-fátuo

A Sala Ártika acolle a estrea de ‘Fogo-fátuo’, da compañía portuguesa Tremor Teatro