in

Ártika Cía estrea ‘A illa da deslembranza’

A illa da deslembranza de Ártika Cía.
A illa da deslembranza de Ártika Cía. Foto: Sr. Sagüillo

Artika Cía, a compañía residente na Sala Ártika, en Vigo, estrea esta fin de semana A Illa da deslembranza. Trátase dun espectáculo creado a base de metáforas e forza visual que busca achegar os máis cativos e cativas ao alzhéimer dun xeito fermoso e suxestivo.

É unha obra dirixida principalmente a un público infantil pero que quere axudar tamén a que os e as maiores se acheguen a esta enfermidade dende o punto de vista dunha nena.  Os recordos da avoa de Uxía van e veñen como as ondas do mar e o seu ollar mesmo parece perderse nun océano profundo. Que lle está a pasar? Como Uxía, unha nena de dez anos, pode axudar a recuperar eses recordos ou, talvez, acabarán todos na illa da deslembranza?

O espectáculo está dirixido por Manuel Mansilla (coa axudantía de dirección de Marcos Alonso) e interpretado polas actrices Rocío Salgado Pérez, Fernanda Barrio Barcala e Martín Maez en escena. A escenografía é de Gustavo Brito, a música orixinal de Anxo Fernández Davila, o deseño de iluminación de Javier Quintana Gutierrez e o texto orixinal é de Martín Maez con dramaturxia de Manuel Mansilla, mentres que as imaxes e o vídeo son de Sr. Sagüillo.


Publicidade

A peza estará en cartel os venres 18 e 25 de febreiro ás 20:00 horas; os sábados 19 e 26 de febreiro tamén ás oito da tarde, e os domingos 20 e 27 de febreiro de 2022 ás 18:00 horas.

 

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

foto Iria casal lamata |

Elahood estrea ‘NÓ’ no Concello de Oleiros

Clara Ferrao 2 |

O Teatro Gorrilla volve a Vigo cunha nova edición en formato festival