in

Fugas e Interferencias recibe propostas de comunicacións para o seu VII congreso sobre a arte de acción

Fugas |
Xiana Santiago Couce e Pedro Santiago Saiz. Fotografía realizada por Fugas e Interferencias

Fugas e Interferencias ten aberta a convocatoria á presentación de comunicacións para participar no próximo congreso, VII International Performance Art Conference, que terá lugar de xeito presencial os días 16, 17 e 18 de setembro de 2022 na Casa das Campás (Universidade de Vigo, campus de Pontevedra) e no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC, Santiago de Compostela). O congreso está organizado pola Universidade de Vigo e conta coa colaboración do Centro Galego de Arte Contemporánea.

Trátase dunha convocatoria dirixida a persoas que traballen no campo artístico, teórico/crítico e estudantes. O obxectivo fundamental do congreso céntrase na análise dos novos comportamentos da arte de acción, tanto desde a práctica coma desde a reflexión teórica. As persoas que desexen participar deberán propor un estudo que reflicta un estado de innovación na investigación teórico-crítica da linguaxe da arte de acción, ofrecendo hipóteses que axuden a anticipar o seu futuro. As propostas de comunicacións seleccionadas deberán tratar algún dos catro eixes temáticos que estruturarán o congreso deste ano: a reflexión teórica da arte de acción, a acción e as súas interseccións, as posibles interaccións entre a arte de acción e o contexto político, o comisariado de arte de acción.


Publicidade

As comunicacións presentadas ao congreso polas persoas seleccionadas deberán ser orixinais e inéditas, ademais de non estar pendentes de publicación. Os idiomas oficiais do congreso serán o galego, o castelán e o inglés.

Bases da convocatoria Fugas e interferencias 2022

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Irene Moreira |

Primeiras citas en tempos de Tinder e a composición escénica

A Casa Vella |

A Casa Vella abre unha convocatoria internacional para residencias artísticas e de investigación