in

A programación da MITEU 2022 enche Ourense de teatro universitario

Programación da MITEU 2022 Ourense
Foto: 'O Parke do crepúskulo' de Maricastaña

A Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense (Miteu) celebrarase do 1 ao 16 de maio e contará con 17 espectáculos distribuidos en diferentes espazos da cidade das Burgas. O público poderá desfrutar da programación tanto no Teatro Principal, o Liceo, o campus, a Praza Maior, a Alameda ou os Xardíns do Padre Feijóo, entre outros espazos.

O programa foi presentado este martes polo director da Mostra, Fernando Dacosta de Sarabela Teatro, durante unha rolda de prensa no Teatro Principal de Ourense. Subliñouse a vitalidade da MITEU que sobreviviu dous anos á pandemia sen cancelar as súas edicións, que se celebraron nun formato reducido e en verán.

En total, 17 espectáculos de aulas de teatro universitarias e compañías profesionais. Ás aulas de teatro galegas, súmanse de universidades de Cataluña, Navarra, Madrid, Castela e León ou Murcia; a presencia internacional vén da man de compañías de Portugal, Italia e México.

Na cabeza do cartel, o actor Pepe Viyuela con Encerrona e o italiano Leo Bassi co espectáculo Eu, Mussolini, o 2 e 4 de maio respectivamente no Teatro Principal.

Teatro de rúa, teatro de interior, circo contemporáneo, música ou danza teñen cabida na Miteu que contará cun curso de commedia dell’arte, encontros, animacións promocionais e dous nomes propios: o de Xaime Mateo, a quen homenaxea a Mostra tralo seu pasamento, e o do premiado deste ano da Miteu, premio Esmorga: Mohamed Azibou “Moha”, quen colaborou coa Miteu e a Aula de Teatro Universitaria de Ourense como intérprete, actor e potenciador dos lazos entre Ourense e Marrocos que levaron á Aula de Teatro da cidade a acudir a mostras en Casablanca ou Tánxer ata en cinco ocasións.

A programación comezará o domingo 1 de maio coa espectáculo do grupo Rosaura da aula universitaria de Ourense, será con A contrapé, proposta que percorrerá as rúas do centro histórico dende as 19.00 horas.

Programación da MITEU 2022 de Ourense

TEATRO UNIVERSITARIO

GRUPO ROSAURA. AULA UNIVERSITARIA DE OURENSE

Domingo 1 – 19.30 – Rúa

GRUPO CORDELIA. AULA UNIVERSITARIA DE OURENSE

Martes 3 – 20.00 – Teatro Principal

TEATRÚBI. COVILHÃ. PORTUGAL

Xoves 5 – 20.00 – Teatro Principal

TEATRO EL MAYAL. LEÓN

Sábado 7 – 20.00 – Teatro Principal

GRUPO DE TEATRO DA UPNA. NAFARROA

Domingo 8 – 19.00 – Teatro Principal

AULA DE TEATRO DA USC. LUGO

Luns 9 – 20.00 – Liceo

AULA DE TEATRO DE VIGO

Martes 10 – 19.00 – Teatro Principal

AULA DE TEATRO DE PONTEVEDRA


Publicidade

Martes 10 – 21.00 – Teatro Principal

AULA DA UNIVERSIDADE DE MURCIA

Mércores 11 – 20.00 – Teatro Principal

AULAS E GRUPOS DE DANZA DE GALICIA. D-OUTRAS DO CAMPUS DE OURENSE

Sábado 14 – 20.00 – Teatro Principal

AULA DE TEATRO DE BURGOS

Domingo 15 – 19.00 – Teatro Principal

GRUPO MARICASTAÑA. AULA UNIVERSITARIA DE OURENSE

Luns 16 – 20.00 – Teatro Principal

 

TEATRO PROFESIONAL

PEPE VIYUELA. MADRID

Luns 2 – 20.00 – Teatro Principal

LEO BASSI. ITALIA – ESPAÑA

Mércores 3 – 20.00 – Teatro Principal

SARA ALFARO GUERRERO. MÉXICO – GALICIA

Venres 6 – 20.00 e 21.00 – Alameda (palco da música)

CONCERTO: HOMENAXE A XAIME MATEO

Xoves 12 – 23.00 – Café Auriense

COMPAÑÍA DE CIRCO EIA. CATALUNYA

Venres 13 – 20.00 – Rúa

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

'Intempestiva'. Elahood Danza.

ESCORA 2022 leva 6 compañías de danza á Costa da Morte no Día da Danza 2022

Irreverencia 9 |

Menos mal que discriminamos!