in ,

ESCORA 2022 leva 6 compañías de danza á Costa da Morte no Día da Danza 2022

'Intempestiva'. Elahood Danza.
'Intempestiva'. Elahood Danza.

A Deputación da Coruña pon en marcha o proxecto ESCORA para visilibizar o traballo artístico das compañías de danza galegas e levalo a espazos pouco habituais nesta disciplina artística. As actuacións de 6 compañías de danza galegas poderán verse durante a fin de semana do 22, 23 e 24 de abril en 6 concellos da Costa da Morte: Fisterra, Muxía, Laxe, Camariñas, Malpica de Bergantiños e A Laracha (Caión)

Deste xeito, a danza contemporánea percorrerá A Costa da Morte, tomando o mar como atrezzo e conectando os corpos coa natureza, a través de obras que teñen un importante vínculo coa lingua e coa memoria. Clara Ferrao, Colectivo Glovo, Elahood, Eva Comesaña, Kirenia Danza e Marcia Vázquez son as compañías escollidas para mostrar o seu traballo en comuñón coa paisaxe e o patrimonio.

O proxecto ofrece tres días cheos de danza, con intervencións nas mañás e nas tardes, convidando aos públicos a facer unha ruta pola Costa da Morte, comezando en Fisterra o venres 22 de abril pola mañá e rematando en Malpica de Bergantiños o domingo 24 de abril pola tarde.


Publicidade

Os espazos escollidos son non convencionais, xerando a oportunidade de achegar a danza ás prazas, á rúa, á pedra, con vontade de presentar unha programación de proximidade para públicos diversos. Seguindo esta intención, unha vez rematadas as intervencións artísticas, haberá un encontro coas artistas e co público, un espazo de intercambio e proximidade mediado por Marcia Vázquez e Sabela Ramos.

A programación conta cunha estrea absoluta, o espectáculo Alleo de Colectivo Glovo, a compañía afincada en Lugo, presenta a súa nova peza por primeira vez ante un público. Tamén forman parte do programa a galardoada peza Intempestiva, da compañía Elahood e E_migrantas de Kirenia Danza, ambos espectáculos atenden ás raíces da nosa terra galega, cunha achega á figura de Xela Arias e un retrato da emigración da última diáspora galega respectivamente, ambas compañías veñen da zona da Coruña e Oleiros. Dende Vigo contamos cos espectáculos Onde pousa a humidade de Marcia Vázquez, Miña Xoia de Clara Ferrao e Terra Firme de Eva Comesaña, tres solos de danza creados e interpretados por mulleres.

Programación do proxecto ESCORA

Venres 22 de abril
11.30h | Concello de Fisterra. Explanada do Porto de Fisterra (en caso de choiva: Salón de Actos)
Eva Comesaña | Terra Firme
Elahood | Intempestiva
Encontro co público mediado por Sabela Ramos

19h | Concello de Muxía. Explanada do Paseo Marítimo (en caso de choiva: Sala Camposa)
Eva Comesaña | Terra Firme
Marcia Vázquez | Onde pousa a humidade
Encontro co público mediado por Sabela Ramos

Sábado 23 de abril
12h | Concello de Laxe. Praza dos Voluntarios (en caso de choiva – Pavillón Polideportivo Municipal)
Elahood | Intempestiva
Kirenia Danza | E_migrantas
Encontro co público mediado por Marcia Vázquez

19h | Concello de Camariñas. Praza da Insuela (en caso de choiva: Casa de Pedra)
Marcia Vázquez | Onde pousa a humidade
Kirenia Danza | E_migrantas
Encontro co público mediado por Sabela Ramos

Domingo 24 de abril
12h | Caión (A Laracha). Praza Eduardo Vila Fano (en caso de choiva: Centro sociocomunitario de Caión)
Clara Ferrao | Miña Xoia
Colectivo Glovo | Alleo
Encontro co público mediado por Marcia Vázquez

18.30h | Malpica de Bergantiños. Paseo da Praia (en caso de choiva: Centro Cultural de Malpica)
Clara Ferrao | Miña Xoia
Colectivo Glovo | Alleo
Encontro co público mediado por Marcia Vázquez

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Ensaio sobre o lonxe

As voces das árbores: palabra e ecoloxía na obra dramática de Julio Fernández

Programación da MITEU 2022 Ourense

A programación da MITEU 2022 enche Ourense de teatro universitario