in ,

O Auditorio Municipal de Cangas levará o nome de Xosé Manuel Pazos Varela

Xosé Manuel Pazos

O Concello de Cangas muda o nome do seu Auditorio Municipal nun acto de recoñecemento a Xosé Manuel Pazos Varela. Esta distinción une o nome do exalcalde ao do Auditorio Municipal, que pasará a chamarse Auditorio Municipal de Cangas Xosé Manuel Pazos Varela. O evento, de entrada libre, desenvolverase o venres 13 de maio, ás 20.00 horas, no auditorio cuxa construción impulsara o propio Pazos.

Xosé Manuel Pazos Varela, coñecido como “o alcalde do teatro”, foi unha figura clave da vida cultural, política e teatral na vila do Morrazo. Moitas das iniciativas culturais fundamentais en Cangas, e que tiveron repercusión alén do ámbito local, debéronse ao impulso de Xosé Manuel, como a propia Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas (MITCFC), organizada pola Asociación Xiria, da que el foi un dos fundadores e principais valedores, e tamén a erregueté I Revista Galega de Teatro, da que foi membro do consello editorial ata o seu pasamento, en xaneiro de 2021, e na que deixou un importante legado, non só como autor de artigos, senón como dramaturgo e tradutor de obras doutras autoras e autores ao galego. Ademais, Pazos, tanto dende a política como dende o ensino, sempre reivindicou a importancia do teatro.

 


Publicidade

Auditorio Xosé Manuel Pazos de Cangas
Momento do acto no que o Auditorio de Cangas pasa a chamarse Xosé Manuel Pazos.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Home Anton Coucheiro |

Antón Coucheiro estrea ‘Home, comedia deconstruída’ en Vigo

mitribadaviapublico |

A MIT de Ribadavia desvela as datas, o lema e a imaxe da súa 38ª edición