in

Antón Coucheiro estrea ‘Home, comedia deconstruída’ en Vigo

Home Anton Coucheiro scaled |

Antón Coucheiro estrea esta fin de semana o seu novo espectáculo, Home, comedia deconstruída, na Sala Ártika, en Vigo. Na peza, un monologuista preséntase no teatro e comeza falando da infancia, do que representa facerse maior, do colexio, dos amigos… Pouco a pouco, vaise decatando de que certos chistes xa non lle fan graza. O espectáculo cambia o ton de stand-up para comezar a deconstruírse, ata un punto no que o propio cómico se cuestiona a súa forma de entender o mundo.

Home procura facer “unha crítica mordaz das distintas caras do machismo, nunha comedia de xénero dexenerada, cunha posta en escena sinxela e versátil, que vai do stand-up ao clown, do musical ás marionetas, da parodia ao absurdo, da risa ao drama”.


Publicidade

A peza, recomendada para público a partir dos catorce anos, poderá verse mañá, venres; o sábado e o domingo, ás oito da tarde, dentro da segunda edición do festival Artiklown.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

'Emigrados'. Aula de Teatro Universitario de Vigo.

‘Emigrados’, da Aula de Teatro do Campus de Vigo

Xosé Manuel Pazos

O Auditorio Municipal de Cangas levará o nome de Xosé Manuel Pazos Varela