in

Sobre a importancia de manter o entusiasmo

Fotografía de Almos Bechtold.
Fotografía de Almos Bechtold.

Ilusión: (substantivo feminino) Felicidade que se sente pensando no desenlace de algo, en algo que vai vir ou que se espera que veña.

Agora todo é ruído. O excesivo do mundo actual viu a derivar nun fenómeno bastante curioso baseado na imposibilidade, polo ruído, claro, de manter a atención de forma continuada nalgún asunto. O que sexa, dá igual.

A sobre-estimulación é unha droga, non nos enganemos. É constante, nada sutil e dende fóra resulta, incluso, obscena.

E claro, pensar, que é unha forma de dialogar silenciosamente cun mesmo, resulta imposible pola ausencia de silencio.

O silencio excesivo tamén resulta absurdo, claro. E hai escenas cotiás que non se entenden sen certo balbordo e música de fondo. Claro. Non pretendo estar nun bar tomando algo en silencio sepulcral mentres falo de metafísica. Que encantado de facelo. Pero hai certo encanto no ruído dun sitio así mentres se fala do malas que son as últimas películas de tal franquía cinematográfica americana.

O caso do ruído era por algo. Quería eu traer un pouco de ánimo a deixarnos levar un pouco (ou bastante, por que non) pola ilusión naqueles temas que nos apaixonan. Se todo tende a gris, ou peor, a ese branco aséptico dun Zara, mellor algo de cor xurdida da vida que nos dan as cousas que de verdade nos interesan.


Publicidade

A liberdade é tamén non esconder as paixóns. Procuro ser apaixonado cada vez con máis cousas. A vida está chea de asuntos fascinantes. Si, aquí falo principalmente de teatro porque, en fin, é a revista galega de teatro. E aos do teatro encántanos falar de movidas de teatro. Somos capaces de estar horas rodeando o mesmo asunto. Tampouco creo que se poida pertencer a un oficio así sen paixón, porque nos momentos de crise, que non son poucos, é o único sostén que temos.

A paixón mantén o interese pola vida. E a ilusión é necesaria para que non venzan as forzas corruptas e perigosas da indiferenza.

A indiferenza mata a rebeldía, mata a xustiza, mata a igualdade, etc. A historia foise escribindo en base a estas mortes. Pero se aínda temos a posibilidade de discernir que iso non debe ser así é grazas á ilusión e á paixón de aquelas que mantiveron vivo o seu entusiasmo por resistir.

Xa o dicía Kerouac: “… a única xente que me interesa é a que está tola, a que está tola por vivir, por falar, desexosa de todas as cousas a un tempo, a xente que xamais bocexa ou di un lugar común…, senon que arde, arde, arde coma candeas romanas no medio da noite”.

Pablo Carrera Simón

Pablo Carrera Simón

(Vigo, 1991) Master en Artes Escénicas polo Instituto de la Danza Alicia Alonso & URJC. Graduado en Interpretación Textual e Dramaturxia pola ESAD de Galicia. É un dos fundadores da Asociación Galega de Commedia dell'Arte. Actor, docente e condutor de furgonetas, o que sexa necesario. As palabras fante conservador ou revolucionario. E nesas andamos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Amantis de Rebordelos

‘Amantis’, de Rebordelos, preséntase en Cangas

orgullovigo2021 9876 1140x570 1 |

Programación escénica do Orgullo 2022 en Galiza. Por un Orgullo libre de violencias