in , , , ,

O Festival Agustín Magán programa seis obras de teatro amador en Santiago

O festival celebra 21 edicións e consolida a puxanza do teatro amador da nosa comunidade

GARGALLADA TEATRO UN DESASTRE DE FUNCION
'Un desastre de función' de Gargallada Teatro. Foto: cedida

O Festival de Teatro Afeccionado Agustín Magán regresa con seis funciones no Salón Teatro, o Principal e no CSC Santa Marta de Santiago. Trátase da vixesimoprimera edición dun ciclo organizado pola FEGATEA – Federación Galega de Teatro Afeccionado.

As propostas comezaron o pasado día 3 de setembro e regresarán ao Teatro Principal de Santiago o día 17 con Achádego Teatro e a súa farsa para público familiar «Nadal na casa dos Lamelo». Ao día seguinte será a quenda da comedia «Un desastre de función» de Gargallada Teatro. O día 23, na Sala Magán, Farándula Velutina representará «Sincronizadas». O peche será o día 24 con Carrachanacacha e a súa comedia musical «A pena do cu do mundo».

A puxanza do teatro amador en Galicia

A comunidade teatral galega, dentro do ámbito afeccionado, é unha das maiores do territorio español e a Federación Galega de Teatro Afeccionado, formada hoxe en día por 50 grupos das catro provincias, constituídos por máis de 700 persoas, conforma na actualidade a entidade máis representativa do teatro amador galego, afianzándose ano a ano como axente cultural imprescindible para a creación de novos públicos e a promoción da cultura e a lingua galega.


Publicidade

Ao longo dos seus máis de 20 anos de historia, a FEGATEA foi ampliando e consolidando un espazo propio para ao teatro afeccionado galego, organizando e colaborando en distintas actividades. Por unha banda, procurando a mellora da calidade do teatro amador a través da formación e da celebración das Xornadas de Teatro, un foro no que os compoñentes dos grupos teñen a oportunidade de coñecer, afondar, presentar ou debater sobre cuestións que afectan de cheo ó desenvolvemento da cultura teatral e á evolución, innovación e crecemento da propia Federación.

Por outra, estimulando a ampliación, diversificación e mellora dos espazos destinados ó teatro, creando unha programación teatral estable a nivel autonómico mediante a colaboración e a sinatura de convenios con entidades públicas e privadas (Consellería de Educación, gobernos municipais, AGADIC, asociacións sen ánimo de lucro…) e traballando na proxección nacional e internacional do teatro amador galego por medio da colaboración e intercambio con outras entidades nacionais e internacionais. Todo isto a través de actividades xa consolidadas como a Mostra Fegatea Móvete, o Festival Agustín Magán, Fega Teatro, o Circuíto Galego de Teatro e os festivais organizados ó abeiro da Plataforma Transfronteiriza PLATTA á que pertence a erregueté | Revista Galega de Teatro.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

programacion fetega 2022

O FETEGA mantén a aposta polo teatro galego con catro días de programación

Programación espectáculos en Vigo

Vigocultura abre a programación de outono con 19 espectáculos de teatro, danza, circo e maxia