in ,

A compañía de teatro físico Mevadeus estrea en Vigo ‘Outrora Nós’

O espectáculo, programado por Vigocultura, está dirixido por Alba Villar

'Outrora Nós', de Mevadeus
'Outrora Nós', de Mevadeus. Foto: Alba Villar

O Auditorio Municipal de Vigo énchese de flores, cantigas e teatro físico coa estrea de Outrora Nós, de Mevadeus, será o venres 7 de outubro ás 20.00 horas. Esta nova compañía de teatro físico, gañadora do Primeiro Premio de Teatro do Xuventude Crea en 2021 por Agro 5G, estrea este traballo dentro da programación de Vigocultura. A peza está dirixido por Alba Villar e a escenografía, indumentaria e iluminación foron desenvolvidas por María Torres e Carmen Casal, As dúas e punto.

En Outrora Nós apostan por un teatro poético cargado de tradición, identidade e música en directo:

Catro mozos e mozas fan unha viaxe entre pasado e presente coa premisa de saber: Quen seriamos nós noutro tempo? O amor e a tradición son o fío condutor desta experiencia escénica que se pregunta de que maneira o desexo de amar e ser amados nos forma, nos conforma ou nos deforma. Unha mocidade que se atopa para descubrir respostas sobre a identidade tendo a valentía de cuestionar quen son e cara a onde van co desexo de evitar os erros dun pasado que aínda nos pertence.


Publicidade

Mevadeus nace da necesidade de catro profesionais da interpretación xestual que, tras formarse na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (ESADg), deciden continuar investigando nas artes do corpo, do teatro físico e o mundo da performance. A compañía, formada por Bal Castro, Inés Santos, Brais Pombo e Mara Neira, pescuda en profundidade a natureza humana mediante a experimentación dos corpos e o espazo sonoro, utilizando instrumentos propios do folclore galego.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

teatro del andamio 20 anos

Teatro del Andamio celebra 20 anos cunha programación especial e un documental

Homenaxe a Pedro Brandariz no FIOT12

GALERÍA | Homenaxe a Pedro Brandariz no FIOT 2022