in ,

Teatro del Andamio celebra 20 anos cunha programación especial e un documental

A escola de Teatro del Andamio conta con máis de 200 alumnos

teatro del andamio 20 anos

Teatro del Andamio cumpre 20 anos, e con este motivo, presentou unha programación especial nunha rolda de prensa celebrada hoxe na sala situada no barrio coruñés dos Rosales.

“Despois de dous anos complicados, quixemos festexar este aniversario ao grande, compartindo esta celebración con todos os coruñeses e coruñesas, cunha programación de actividades variada e dirixida a todos os públicos”, recalcou Tatiana Likhacheva, directora de Teatro del Andamio.

Unha programación especial que comezou a finais de setembro coa obra “O sal do mar e outros contos mariñeiros”, mención especial do público na Mostra de Teatro Galego de Cariño en 2020, da propia compañía.

Publicidade

Teatro, exposicións e un documental

Dentro da programación anual permanente de Teatro del Andamio, que se celebra todos os domingos, haberá unha serie de actividades complementarias que servirán para celebrar este vixésimo aniversario con todos os habitantes da Coruña.

Durante o mes de novembro dará comezo un ciclo de teatro especial, Volvendo a casa, con producións de exalumnos de Teatro del Andamio. Abrirá o ciclo a obra Alén, da compañía coruñesa A Formiga Teatro.

No mes de decembro, a esta programación especial uniranse unha exposición fotográfica que mostra un percorrido polos 20 anos de cultura, será do 9 ao 16;  a estrea do documental “O teatro na miña vida”, realizado por Silvia Torres, exalumna da escola, o 10 de decembro. Tras o visionado do documental, terá lugar un encontro entre antigos alumnos ao que están convidados todos os coruñeses e coruñesas que pasaron pola escola. Ambas dúas actividades serán no Fórum Metropolitano da Coruña.

20 anos de escola e compañía

Teatro del Andamio é un Centro Cultural Integral situado no barrio coruñés dos Rosales, que pon ao dispor da cidadanía unha ampla variedade de actividades de enriquecemento artístico e cultural como a formación teatral, os espectáculos programados dentro da Rede Galega de Salas e as propias producións da compañía. O proxecto está xestionado por Tatiana Likhacheva, a actriz Gema Ulloa e o técnico Fran Giraldo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

DALL·E 2022 10 06 11.34.48 e1665049191341 |

Focos, semiótica e outras formas de intromisión

'Outrora Nós', de Mevadeus

A compañía de teatro físico Mevadeus estrea en Vigo ‘Outrora Nós’