Na gala de homenaxe, celebrada no FIOT e conducida por Isabel Risco e Fran Rei, moitos dos seus amigos da cultura fixeron tributo a figura de Pedro Brandariz. As fillas de Portaberta fixeron un espectáculo de danza, Antón Reixa un recital poético, a improvisación chegou con Izquierdo Sisters e con Marta Iglesias, Tito Rober e Víctor Grande, Caxoto lembrou unha anécdota con Pedro. Tamén proxectouse un breve documental sobre a webserie “Mataría”, dirixida por Javi Sega. E houbo música con Pablo Díaz e Diana Sieira.
Pedro Brandariz faleceu durante unha función de instituto o pasado mes de febreiro o que supuxo unha gran sorpresa para o sector das artes escénicas e o audiovisual galego.
- O FIOT estrea ‘Territorio Regueifa’ - 21/01/2026
- Vigocultura dá a coñecer a súa nova programación - 16/01/2026
- Carlota Mosquera estrea ‘Ninguén tira fotos nos enterros’ - 15/01/2026


