in ,

Cena Lusofona presenta en Galicia a Antoloxía do Teatro Galego Contemporáneo

Será en Lugo, Ourense, Vigo e Santiago onde se presentarán as 12 obras de autores galegos

Antoloxía teatro galego cena lusofona
AveLina Pérez, Cándido Pazó, Vanesa Sotelo e Manuel Lourenzo. Imaxe: elaboración propia.

Cena Lusofona presenta en Galicia o último libro da súa colección de dramaturxia en lingua portuguesa. Publicada en dous volumes e nunha edición bilingüe galego-portugués, a Antoloxía do Teatro Galego Contemporáneo reúne 12 obras doutros tantos autores e un ensaio introdutorio asinado por Dolores Vilavedra.

O 18 de outubro ás 18.30 horas será en Ourense, Centro Cultural Marcos Valcárcel; o 19 ás 18.00 horas no Instituto Camoes de Vigo; en Lugo o 20 ás 20.00 horas na Sala de exposicións da Deputación e o 25 ás 20.00 horas no Salón Teatro de Santiago de Compostela.

A obra agora publicada está dividida en dous volumes que poden ser adquiridos separadamente, e conta cun total de 1.900 páxinas coas obras “Un hotel de primeira sobre o río”, de Xohana Torres, “O aniversario. Cerimonia de prantos e soluços”, de Euloxio R. Ruibal, “Días sen gloria”, de Roberto Vidal Bolaño, “Cando chega decembro”, de Manuel Lourenzo, “As certezas de Ofélia”, de Luísa Villalta, “Lugar”, de Raúl Dans, “Footing”, de Gustavo Pernas Cora, “As do Peixe”, de Cándido Pazó, “Judite”, de Marcos Abalde Covelo, “Pó e Batom”, de Esther F. Carrodeguas, “Nome: Bonita”, de , e “Ás sete da tarde, cando morren as nais”, de .

A escolla, que cobre un período temporal entre mediados do século XX ata a actualidade, foi asesorada por tres especialistas no teatro galego: as investigadoras e profesoras universitarias Dolores Vilavedra e Inma López Silva e a directora de escena Ánxeles Cuña Bóveda. As traducións do galego a portugués foron realizadas por Sofia Lobo e Zé Paredes.


Publicidade

A publicación do libro conta co apoio da Dirección Xeral das Artes, do Concello de Coímbra, do Ministerio da Cultura e Deportes do Goberno de España, da Deputación da Coruña, da Deputación de Lugo, da Xunta de Galicia, do Consello da Cultura Galega e da Asociación DramaturGa.

Os dous volumes desta Antoloxía son os décimo e undécimo da colección de teatro de lingua portuguesa “Cena Lusófona”, que inclúe xa obras de autoras e autores de Angola, Brasil, Cabo Verde, Guinea-Bissau, Mozambique, Portugal e San Tomé e Príncipe. A inclusión do teatro galego nesta colección insérese no reforzo dos lazos de intercambio entre a Galicia e os países da CPLP que a Cena Lusófona vén promovendo, en diversos dominios, hai case dúas décadas.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

DALL·E 2022 10 15 12.19.51 A woman handpalm with a tree and root on top of it color oil paint 2 e1665830210582 |

Non me contes a túa vida… ou si…

Escola Teatro Vagalume de Vigo

A escola Vagalume cumpre 35 anos iniciando no teatro aos vigueses