in ,

Preséntase o libro ‘Chévere: trinta e cinco anos de axitación cultural’

Está escrito en forma de diálogo entre Patricia de Lorenzo, Xesús Ron, Miguel de Lira e Manuel Cortés, cun epílogo de Roberto Pascual.

Libro Chévere

Este mércores presentouse na libraría Couceiro de Santiago de Compostela o libro Chévere: trinta e cinco anos de axitación cultural. O volume reúne a historia vivencial e gráfica da compañía e do seu proxecto máis senlleiro de animación e residencia teatral, a Sala Nasa. Está escrito en forma de diálogo secuencial entre Patricia de Lorenzo, Xesús Ron, Miguel de Lira e Manuel Cortés e conta cun epílogo de Roberto Pascual.

O subtítulo, “Isto non pode ser obra de galegos”, mostra a postura irónica e de diálogo paródico con noticias de actualidade ou populares, que Chévere converte en materia creativa. Esta frase, que tamén xoga no terreo dos dobres sentidos que o grupo ten ata no propio nome da Sala, entre o campo semántico dos aparellos de pesca e a dos servizos espaciais norteamericanos, fai referencia ao atentado terrorista que sufrira a casa oficial do expresidente Fraga na súa casa de Perbes e que fora dita pola prensa local naquel momento.

Neste libro editado pola editorial Kalandraka, que vén traballando dende hai uns anos co grupo teatral na edición dos textos dos seus espectáculos, permite recoñecer a evolución e as iniciativas diversas desta compañía resistente e innovadora dende o ano 1987 ata hoxe. É a única compañía que obtivo o Premio Nacional de Teatro do Ministerio de Cultura; organizou o festival Alternativa en Santiago de Compostela, fixo teatro científico, teatro para adolescentes, teatro para paseantes, teatro con perspectiva feminista, queer, unha biografía non autorizada de Amancio Ortega, varias ultranoites temáticas que acabaron converténdose en selo e xénero de seu e incluso unha peza na liña do live cinema theatre a partir da maior catástrofe medioambiental que sufriu Galicia, emparentada coa criticada xestión tamén da crise sanitaria da Covid.


Publicidade

O libro recolle, xa que logo, unha historia de vida e un resumo de experiencias sobre activismo cultural, modelos alternativos de creación e difusión e varias páxinas de historia cultural documentada do país.

Libro Chévere

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

AlbaFernandez |

Laboratorio Escénico Coop. celebra unha ‘Tarde de Danza’ na Coruña

Petróleo de Piel de Lava

Petróleo