in ,

A dramaturga Esther Carrodeguas, finalista nos Premios Max a mellor autoría

carrodeguas
A dramaturga Esther F. Carrodeguas

A dramaturga, actriz, directora e perfomer, Esther F. Carrodeguas é unha das finalistas na categoría de mellor autoría teatral dentro dos Premios Max 2023. A obra Supernormales, foi toda unha revolución no panorama teatral por tratar os prexuizos sobre as persoas con diversidade funcional, con humor negro e moita incorrección política.

A peza, escrita durante as residencias dramatúxicas do Centro Dramático Nacional, non foi estreada en Galicia pero si contou cunha grande acollida na escena madrileña. De feito, a obra dirixida por Iñaki Rikarte —que tamén é finalista á mellor dirección— volverá ás táboas o vindeiro mes de abril e poderase ver, tamén, na programación do Teatro Rosalía de Castro da Coruña á volta do verán.

Carrodeguas, nestes premios, enfróntase a Jesús Muñoz e Pau Pons por Eclipse total; e a María Goiricelaya Burón por Altsasu.


Publicidade

Uns Premios Max que tamén contan con Pier Paolo Alvaro de finalista a mellor vestiario pola producción do CDG, Ás oito da tarde, cando morren as nais.  Os gañadores daranse a coñecer o vindeiro 17 de abril en Cádiz.

Dramaturga multidisciplinar

A rianxeira é graduada en Dirección e Dramaturxia pola ESAD de Galicia e Licenciada en Xornalismo entre Santiago de Compostela e Turín. Os seus proxectos teatrais beben moito da súa faceta xornalística. Directora durante anos da histórica compañía galega Teatro Airiños, tras levar o Premio Abrente para textos teatrais en 2015 decide dar vida á plataforma profesional ButacaZero xunto a Xavier Castiñeira, quen adoita asumir a dirección dos proxectos comúns. Membro do consello de redacción da erregueté | Revista Galga de Teatro e organizadora, xunto a Santiago Cortegoso, do Torneo Galego de Dramaturxia, na actualidade compaxina a súa faceta como empresaria en ButacaZero coa de dramaturga, directora teatral, docente ou guionista de cinema.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Cloti Vaello

Cloti Vaello, unha vida de teatro e costura que recibe o Premio de Honra Marisa Soto

Andres Corchero en 'Absències'. Foto: Mercat de les Flors

Esta fin de semana comeza o XIX festival Isto Ferve