in ,

Alberto Ramos gaña o XXI Premio Rafael Dieste de Textos Teatrais

A obra, ‘Conxo, non restraint’ aborda o tema da violencia psiquiátrica

Alberto Ramos
Alberto Ramos. Foto: Sabela Iglesias.

O xornalista e escritor Alberto Ramos é o gañador da XXI edición do Premio Rafael Dieste de Textos Teatrais da Deputación da Coruña, coa obra Conxo, non restraint. Esta xira arredor da violencia psiquiátrica no Hospital de Conxo e o xurado destacou dela “a concreción da denuncia baseada nun afinado proceso de investigación, a linguaxe limpa e estilizada moi acorde co tema que aborda o texto e a ousadía á hora de retratar un asunto moi delicado”.

O xurado, presidido pola deputada de Cultura, Natividade González, estivo composto por Teresa Moure, Avelina Pérez, Lois Blanco, Sabela Hermida e o gañador da última edición, Roberto Pascual; e, como secretaria, a xefa da sección de Cultura, Mercedes Fernández Albalat.


Publicidade

XURADO PREMIO RAFAEL DIESTE reducida
Xurado da XXI edición do Premio Rafael Dieste.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

O porco de pe |

Coimbra acolle a Mostra de Teatro Galego

Run baby run Foto de Esmeralda Martin Teatro Español reducida

O Salón Teatro acollerá a estrea absoluta de ‘Run Baby Run’