O xornalista e escritor Alberto Ramos é o gañador da XXI edición do Premio Rafael Dieste de Textos Teatrais da Deputación da Coruña, coa obra Conxo, non restraint. Esta xira arredor da violencia psiquiátrica no Hospital de Conxo e o xurado destacou dela “a concreción da denuncia baseada nun afinado proceso de investigación, a linguaxe limpa e estilizada moi acorde co tema que aborda o texto e a ousadía á hora de retratar un asunto moi delicado”.
O xurado, presidido pola deputada de Cultura, Natividade González, estivo composto por Teresa Moure, Avelina Pérez, Lois Blanco, Sabela Hermida e o gañador da última edición, Roberto Pascual; e, como secretaria, a xefa da sección de Cultura, Mercedes Fernández Albalat.

- Sete persoas e entidades foron distinguidas nos IV Recoñecementos de Escena Galega das Artes Escénicas - 07/07/2026
- Moaña acolle a primeira edición do Festival Internacional das Culturas Mar da Illa de Samertolameu - 03/07/2026
- O Convento de Santa Clara acolle a Bienal de Artes Vivas de Pontevedra - 03/07/2026



