En segundo lugar quedou a compañía Sarabia Teatro, de Arteixo, que puxo en escena Diario dun tolo, e o lucense Teatro D’o Carón fíxose co terceiro premio coa peza Ao fin, Hamlet. Así mesmo, concedeuse unha mención de honra ao grupo Erantres, de Arteixo, pola obra Tres mistos.
O número de obras que se presentaron a esta especialidade foron 12 e a metade delas chegaron á fase final. O grupo gañador recibirá un premio de 3000 euros, o que quedou en segundo lugar levará 1500 euros e a dotación económica para o terceiro clasificado é de 1000 euros. Ademais, na edición deste ano, por primeira vez, a Xunta ofrecerá aos grupos vencedores a posibilidade de formación e mentorizaxe para poñer en marcha unha compañía teatral e axudalos así nos inicios das súas carreiras profesionais.