in

Nuria Sotelo é galardoada nos 14º Premios ao Desenvolvemento Rural

Nuria Sotelo é galardoada nos 14º Premios ao Desenvolvemento Rural pola dirección feminina do proxecto A Casa Vella outorgados pola Xunta de Galicia a través de Agader.

Foto: A Casa Vella.
Foto: A Casa Vella.

Nuria Sotelo é galardoada nos 14º Premios ao Desenvolvemento Rural pola dirección feminina do proxecto A Casa Vella outorgados pola Xunta de Galicia a través de Agader.

Os 14º Premios ao Desenvolvemento Rural fixéronse públicos e foron entregados polo conselleiro do Medio Rural José González acompañado da directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural Inés Santé o 15 de novembro nunha gala na igrexa de San Domingos de Bonaval en Santiago de Compostela, na que se destacou a innovación dos proxecto e por “atopar novos e mellorados usos aos recursos que xa temos”.

Presentáronse medio cento de propostas ás diferentes categorías onde Nuria Sotelo recibe o premio na categoría Mulleres, polo desenvolvemento cultural no rural a través do proxecto A Casa Vella, polo cal, desde a súa apertura de portas no 2021 pasaron en residencia máis de 80 artistas nacionais e internacionais, realizou máis dun cento de actividades de mediación en Amiadoso, Allariz e arredores para diferentes públicos como nenas e nenos, mulleres maiores, obradoiros, ciclo de artes vivas, etc. 

A Casa Vella xa recibiu neste 2023 o 2º premio Rodolfo Prada á xestión cultural pola Deputación de Ourense. Este novo premio indica a transversalidade da cultura con outros sectores cos que innovar e dinamizar o medio rural.


Publicidade

A Casa Vella é un espazo de creación artística, encontro, mediación e dinamización do contexto rural. 

Os espazos de creación son unha parte fundamental do conxunto de infraestruturas culturais involucradas na creación artística e na dinamización social e cultural dun territorio.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

'Blues de medianoite' de Laboratorio Escénico. Foto: Raquel Castro

Blues de medianoite

'Rollercoaster'. Foto: Fahimeh Hekmatandish

Chega a Compostela a VIII Edición do D10! Encontro de Formación e Innovación en Circo