Estrea en Galicia de Vía Morta, un espectáculo inmersivo sobre a realidade das persoas que viven en campos de refuxiadas
Este domingo ás 18:00h no Auditorio Constante Liste de Teo
Vía Morta non é un espectáculo teatral ao uso. Durante a función, o público ponse na pel das persoas que viven en campos de refuxiadas. En Vía Morta non hai butacas, as espectadoras están sentadas no chan. Para entrar nesta realidade, deberán cruzar un varado de arames protexido por un militar. A estrea terá lugar en Teo, no Auditorio Constante Liste o vindeiro domingo 10 ás 18:00h. As entradas poden adquirirse a través de inscribirme.com
Este espectáculo de Culturactiva Producións e Pallasos en Rebeldía é unha obra que nace das visitas de Pallasos en Rebeldía aos campos de persoas refuxiadas de Grecia. Este colectivo artístico crea unha peza que encarna as vivencias das persoas coas que tiveron a oportunidade de conversar.
Con Ivan Prado, Anabel Gago, Fran Rei e Rocío Salgado en escena, xérase esta obra dun estilo cru cun texto de Carlos Olalla, na que se pretende concienciar ao público sobre a realidade das persoas refuxiadas atrapadas nas portas da Unión Europea.
O espectáculo está dirixido por Eva Egido e axudantía de dirección de Iván Prado, un dos referentes galegos na defensa dos dereitos do pobo palestino e fundador de Pallasos en Rebeldía. Os seus coñecementos e experiencias vividas en Palestina nutren esta obra, que tamén narra a situación de moitas palestinas, sobre todo coa situación actual dos bombardeos en Gaza.
Os fondos recaudados irán destinados aos proxectos de Pallasos en Rebeldía en Palestina.