in ,

Opino de que. Invisibilidades escénicas

Pulseira LGTBI GALICIA
Pulseira LGTBI GALICIA

Penso que vivimos nunha sociedade na que as fake news e a desinformación están á orde do día.

Moito disto fomentado polo poder que teñen as redes sociais, que ademais de permitirnos poder estar permanentemente conectades, énchense de noticias que en moitos casos habería que contrastar.
Actualmente existen milleiros de ferramentas coas que podemos interactuar, expoñer ou expoñernos, entreternos, perder tempo e mesmo vomitar os nosos pensamentos, a través das nosas opinións, sen que ninguén o pida.

Moitas veces, debido aos efectos que as nomeadas redes sociais teñen na sociedade, persoas desubicades séntanse no deber e no dereito de expresar a súa opinión con ousadía e, aínda por riba, sen ningún tipo de criterio.
Por iso eu tamén, dende esta columna de opinión, quero abrir unha fenda, espero que sexa de luz, para expresar e dar a coñecer unha realidade na que, por desgraza, cada vez hai máis colectivos artísticos, compañías e institucións implicadas.
Refírome a que, para colectivos artísticos LGTBIQ+, resulta cada vez máis inviable chegar aos escenarios, incluso con pezas e espectáculos que mesmo teñen acadado premios.
Os traballos que ofrecen visións doutras realidades, que non son as heteronormativas, quedan practicamente, en moitos casos, relegadas a programacións relacionadas cos actos do Orgullo Lgtbiq+. Polo que, se es artista abertamente do colectivo e o teu traballo artístico xira ou ten que ver co Lgtbiq+, premio! Pode que te programen, aínda que non hai nada seguro… Segue a ser unha carreira de obstáculos.
As compañías deste país, que non estamos pendentes de que nos dean unha subvención, arriscamos moito máis, para poder levar ao palco calquera mostra do noso traballo. A pesar de toda a dificultade que implica ter que pasar por un proceso creativo, ensaiar, producir…, como o teu traballo xire entorno a temas moi concretos, tes un muro co que bater: os programadores.
Si, esas persoas que configuran as programacións artísticas en entidades, concellos, festivais… Seres supremos que deben de ver moito teatro fóra das contornas do país, ou ter formacións moi específicas para tal efecto, pero que finalmente sempre están a programar máis do mesmo.

En moitos casos, en lugar de abrir as portas a novas linguaxes, artes vivas, e outros tipos de espectáculos, directamente dinche: es que esto a mi público, no le va a gustar… Como se foran a policía do teatro. Pero o peor é que son os que finalmente te poden programar.


Publicidade

Intentemos educar tamén ao público, en novas olladas, pensamento crítico e perspectivas varias. Iso tamén é unha tarefa dun bo xestor ou programador cultural.
Agora entendo o traballo que levan ás táboas moitos colegas nas súas compañías… Moitas non fan se non lles dan, e logo apenas arriscan… Cando producen, pregúntome se o fan coa premisa da liberdade artística, guiados pola creatividade e porque teñen unha pulsión creativa verdadeira. Ou, pola contra, fabrican traballos feitos ad hoc para o momento no que estamos, nun facer por facer, e así ter contento ao programador de turno e á institución que os subvenciona.

Proximamente coñeceremos as compañías elixidas nas recentes subvencións á creación da Agadic, canta vangarda veremos enriba dos palcos? Tamén está por chegar unha nova edición do Galicia Escena Pro, que espectáculos sairán de aí e conformarán a oferta cultural de moitos concellos? Eu aínda non o sei, pero agardo que pasen cousas acordes a estes tempos nos que vivimos! Seguirei informando.

Alberte Bello

Alberte Bello

Director de arte, creador e docente. Titulado Superior en Escenografía pola Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, formándose ademais con profesionais como Carlos Marquerie, Paco Azorín ou Pamela Howard. En 2020 funda o #ColectivoCBV, onde produce e protagoniza pezas como 'Menu-do día'. Activista que colabora coa sección PalcosLGTBIQ+ da Erregueté.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

20240411 Presentación Un momento precioso Elefante Elegante red

Elefante Elegante estrea ‘Un momento precioso’

Os actos e as profecías, Centro Dramático Galego. Sabela Souto | Xoán Crespo.

Os actos e as profecías