in , ,

Arranca a 41ª edición da MITCFC

O acto inaugural oficial celebrarase hoxe ás 21.00 horas, no Auditorio Municipal de Cangas, pero hai actividades previas

Premio Mulleres en Acción a María Ruido Imaxe de Diego Seixo
María Armesto entregou o Premio Mulleres en Acción a María Ruido. Foto de Diego Seixo.

O Auditorio Municipal Xosé Manuel Pazos Varela de Cangas acollerá hoxe ás 21.00 horas a inauguración da 41ª Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas, MITCFC. O acto de apertura oficial contará coa lectura do pregón desta edición, a cargo da actriz Patricia Vázquez, e ira seguido da función de El castillo de Lindabridis, de Calderón de la Barca, na montaxe da compañía Nao d’amores, baixo a dirección de Ana Zamora. Porén, a programación desta xornada de arranque xa dará comezo ás 19.00 horas, coa inauguración das exposicións 10 pasos na procura da vida, obra e paixón de Roberto Vidal Bolaño e Historia gráfica da MITCFC, no vestíbulo do Auditorio, que tamén acollerá unha función de Open Door, do clown Pere Hosta. As dúas exposicións estarán abertas ao público ao longo de toda a duración da Mostra, que se desenvolverá ata o domingo 7 de xullo, incluído, dentro do horario de apertura do Auditorio

A partir das 19.30 horas, polas rúas de Cangas poderase ver e escoitar tamén a Lilicleta Disco Ambulante, de Lilicleta DiscoCine Ambulante, un espectáculo musical que combina humor e lembranzas e que anunciará o comezo desta 41ª edición do festival e a súa programación, que se pode consultar completa na páxina web da MITCFC.


Publicidade

Xornadas previas

A Mostra xa tivo esta semana un par de xornadas de actividades previas, dentro do seu programa Mulleres en Acción: un obradoiro da compañía SU.MA, impartido por Mark Torrecillas e María Move e dirixido ás socias de ADICAM (Asociación de persoas afectadas de cancro de mama e xinecolóxico), o martes, e a inauguración da exposición 4 performances de María Ruido, na Capela do Hospital, onte á tarde (mostra que estará aberta ata o 7 de xullo en horario de 19.00 a 21.30 horas), así como a entrega por parte de María Armesto, directora artística da MITCFC, do Premio Mulleres en Acción, tamén á artista visual, realizadora, investigadora e docente María Ruido, onte á noite, nun evento que incluíu a proxección da súa conversa-performance con Brigitte Vasallo, Las reglas del juego, e un coloquio entre Ruido e as persoas asistentes. Tanto no filme como na conversa posterior coa directora abordáronse diversos temas relacionados coas dificultades, conflitos e contradicións de clase e de xénero que se producen no mundo laboral do eido artístico e cultural, dende a súa propia experiencia e perspectiva, e resultou moi interesante o diálogo que se estableceu co público, no que había moitas artistas que compartiron tamén a súas propias vivencias e sentires arredor destas cuestións.

Ana Abad de Larriva

Ana Abad de Larriva

Actriz, creadora escénica multidisciplinar e dramaturga; é titulada superior en Arte Dramática, na especialidade de Interpretación Xestual, pola ESAD de Galicia, licenciada en Xornalismo pola USC e doutora en Comunicación pola UVigo. Desenvolve tamén diferentes actividades de investigación, difusión e mediación cultural; entre elas están levar a sección de artes escénicas no Diario Cultural Zeta da Radio Galega e a subdirección da Erregueté.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Leira Nova Galega de Danza 5 |

A MIT de Ribadavia outorga o Premio de Honra Roberto Vidal Bolaño 2024 a Nova Galega de Danza

Pexels, de Jan van der Wolf.

Vergoña de que? Orgullo sempre!!!