in

O Salón Teatro acolle unha mostra aberta do proxecto ‘Do outro lado’

É a proposta desenvolvida por Fran Rodríguez e Brais Pombo nas Residencias Paraíso

residenciaparaiso24 0
Fonte: Cidade da Cultura de Galicia.

Fran Rodríguez e Brais Pombo ofrecerán hoxe unha mostra aberta do seu traballo en proceso desenvolvido nas Residencias Paraíso, que terá lugar no Salón Teatro do Centro Dramático Galego, en Santiago de Compostela, esta tarde  ás 20.00 horas, con acceso libre ata completar a capacidade da sala. 

O pasado 1 de xullo, os artistas  iniciaban en Santiago de Compostela a súa andaina na oitava edición das Residencias Paraíso 2024, un programa anual de residencias artísticas para a danza e as artes vivas pioneiro no noso territorio, promovido polo Colectivo RPM. E facíano na Cidade da Cultura e no Salón Teatro do Centro Dramático Galego, arredor da súa proposta, que ten por título Do outro lado, un proxecto de investigación escénica sobre o ecoloxismo, a comunidade e a súa descomposición no rural, que conta coa colaboración do colectivo Memoria e Cinema e da compañía de teatro Mevadeus.

O proxecto

A canteira que abriu o monte de Traspielas é o símbolo do que parten “para afondar nas consecuencias que esta ferida ten desde o máis persoal ata o máis global, reflexionando sobre o concepto de habitar nun sentido amplo, poñendo o corpo e o audiovisual como ferramentas de traballo”.


Publicidade

Do outro lado indaga en “como o capitalismo se introduce na clase campesiña, desfacendo a comunidade e a súa capacidade de autosuficiencia, para converter a esas persoas en entes individuais que entran a ser produtores e consumidores no mercado, invitándonos a reflexionar sobre a nosa forma de habitar o mundo na actualidade”.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

mitribadaviapublico |

A MIT de Ribadavia inaugura a súa 40ª edición

'Crisi di nervi, tre atti unici di Anton Cechov'. Foto: Tommaso Le Pera.

Crisi di nervi, tre atti unici di Anton Cechov