in

VigoCultura desvela a súa nova programación para este semestre

O 20 de xaneiro saen á venda as entradas para os 27 espectáculos do Auditorio Municipal

Presentación programación Vigocultura primeiro semestre de 2025
Presentación da programación do primeiro semestre de 2025 de VigoCultura.

O Concello de Vigo deu a coñecer hoxe o programa de VigoCultura para o primeiro semestre de 2025, que antes do verán ofrecerá funcións de 27 espectáculos no Auditorio Municipal. O alcalde, Abel Caballero;  a primeira tenente de Alcaldía, Carmela Silva; e o concelleiro delegado de Cultura, Gorka Gómez Díaz, presentaron esta mañá a programación na rúa do Príncipe, e anunciaron que as entradas para asistir aos 27 espectáculos poderán adquirirse a partir do luns 20 de xaneiro, na páxina web Giglon, no despacho de billetes do Auditorio Municipal e na librería Libros para Soñar.

Abel Caballero explicou que dos 27 espectáculos programados polo Concello no Auditorio Municipal para o primeiro semestre de 2025 un total de 22 son galegos. “Esta é unha programación do Concello de Vigo que nos pon á altura das programacións culturais máis importantes máis importantes de España”, expresou arredor do programa. A oferta de VigoCultura está dedicada a todos os públicos, quixo lembrar tamén o rexedor vigués, ao sinalar que conta cun amplo repertorio de espectáculos seleccionados para todas as idades.

Entre as actividades organizadas destacou a animación na rúa co espectáculo Hexagonum, da compañía Troula, programada o venres 31 de xaneiro, que terá lugar a partir das as oito da tarde entre o Paseo de Afonso e a rúa Príncipe. Acto seguido, o sábado 1 de febreiro, a partir das sete da tarde, a compañía PistaCatro despregará O fantástico circo dos xigantes do doutor Mezzo, coa que “invadirá a rúa do Príncipe ata Porta do Sol”.


Publicidade

Caballero aseverou tamén que ata o de agora “VigoCultura é a crónica dun éxito non anunciado porque os dous semestres enchemos o Auditorio Municipal pola altísima calidade da programación e porque conta con prezos moi populares”.

Para público adulto

  • Venres 7 de febreiro. 20.00 horas: “As gardiás, ou o nó do tecelán”. Teatro de Ningures.
  • Xoves 8 de febreiro. 20.00 horas: “As gardiás, ou nó do tecelán”. Teatro de Ningures.
  • Venres 14 de febreiro. 20.00 horas: “#Influencers”. NegroLópez. Estrea mundial.
  • Sábado 15 de febreiro. 20 horas: “Mulleres que viven soas #MQVS”. Berrobambán.
  • Venres 21 de febreiro. 20.00 horas:”Iribarne”. ButacaZero.
  • Sábado 22 de febreiro. 20.00 horas: “Iribarne”. ButacaZero.
  • Venres 28 de febreiro. 20.00 horas: “NIK·EU”. iXa. Estrea en Galicia.
  • Sábado 1 de marzo. 20.00 horas. “O monólogo de David Perdomo”. David Perdomo.
  • Venres 14 de marzo. 20.00 horas. “As R(h)umorosas”. Etiqueta Negra Producciones.
  • Sábado 15 de marzo. 20.00 horas: “Tribal”. Oscar Báñez&Tribo.
  • Venres 21 de marzo. 20.00 horas: “Testosterona”. Mala Sombra Producciones.
  • Sábado 22 de marzo. 20.00 horas: “Casting Lear”. Barco Pirata.
  • Venres 4 de abril. 20.00 horas: “As desterradas”. Producións Teatrais Excéntricas.
  • Sábado 5 de abril. 20.00 horas: “La violación de Lucrecia”. Teatro Clásico de Sevilla.
  • Venres 11 de abril. 20.00 horas: “Reconversión”. Ibuprofeno Teatro.
  • Sábado 12 de abril. 20.00 horas:”Reconversión”. Ibuprofeno Teatro.
  • Venres 25 de abril. 20.00 horas: “É difícil fotografar o baleiro”. Colectivo D’Elas.
  • Sábado 26 de abril. 20.00 horas: “Sofá”. Cía Martaalonsotejada. Día Internacional da Danza e Día Internacional do Circo.
  • Venres 2 de maio. 20.00 horas: “Manuela Rey Is In Da House”. Centro Dramático Galego. Teatro do Noroeste-Centro Dramâtico de Viana. Teatro Nacional Dona Maria II de Lisboa e Teatro Nacional São João do Porto.

Programa familiar

  • Domingo 9 de febreiro. 18.00 horas:”Castelao”. Culturactiva.
  • Domingo 16 de febreiro. 18.00 horas: “Madame Lumiére”. La Menuda Produccións.
  • Domingo 23 de febreiro. 18.00 horas: “La bruja rechinadientes”. Katua&Gala Teatro.
  • Domingo 2 de marzo. 18.00 horas:”Molto Barroco”. Píscore.
  • Domingo 6 de abril. 18.00 horas: “Nanai da China”. Pérez&Fernández.
  • Domingo 13 de abril. 18.00 horas: “Rock’n’magic”. Mago Teto.
  • Domingo 27 de abril. 18.00 horas.: “Oh-Pera”. Zirko Txosco. Día Mundial do Circo.

Espectáculos na rúa

  • Venres 31 de xaneiro. 20.00 horas: “Hexagonum”. Troula: Paseo de Alfonso- Rúa do Príncipe.
  • Sábado 1 de febreiro. 19.00 horas: “Mezzo. O fantástico circo de insectos xigantes do doutor Mezzo”. PistaCatro. Rúa do Príncipe-Porta do Sol.

Consulta e descarga aquí o programa completo de Vigocultura para o primeiro semestre de 2025. 

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

'MENU-DO DÍA', na MITCF de Cangas, Imaxe de Diego Seixo.

‘MENÚ-DO-DÍA’ percorre varios concellos da Coruña

O Rato Pérez de A Xanela do Maxín

O Rato Pérez