As compañías profesionais galegas de danza que desenvolvan traballos escénicos contemporáneos ou en diálogo con outros estilos, como as danzas urbanas, tradicionais ou híbridas, e conten cunha peza de duración máxima de 20 minutos, poden enviar ata hoxe as súas propostas para participar no Foco Galicia Danza da 33ª Quinzena de Dança de Almada -International Dance Festival, que terá lugar do 2 ao 5 de outubro de 2025 no marco do evento que se celebrará na localidade portuguesa.
A información completa da convocatoria, lanzada pola Axencia Galega de Industrias Culturais, Agadic, está dispoñible nas súas bases completas e a inscrición deberá realizarse a través do seguinte formulario.
A selección estará a cargo dunha comisión mixta composta por representantes da Quinzena de Almada e da compañía galega Colectivo Glovo, coa que se coordina o programa, e a comunicación das pezas seleccionadas farase o vindeiro 7 de agosto.
- O FIOT estrea ‘Territorio Regueifa’ - 21/01/2026
- Vigocultura dá a coñecer a súa nova programación - 16/01/2026
- Carlota Mosquera estrea ‘Ninguén tira fotos nos enterros’ - 15/01/2026



