in

Stand-up comedy en Edimburgo

Imaxe do interior do Monkey Barrel Comedy de Edimburgo
Imaxe dunha das salas do Monkey Barrel Comedy, en Edimburgo. Fonte: Tripadvisor.

Nas grandes cidades é ben fácil poder asistir ao teatro todos os días da semana se queres. O mes de xullo paseino en Edimburgo por motivos laborais alleos á escena mais tiven tempo de desfrutar e asistir ao teatro.

Dá gusto ter unha ampla variedade de espectáculos de luns a domingo para escoller. A industria cultural aquí, a diferenza das pequenas cidades, funciona todo o ano, achegando economía e entremetemento a partes iguais.

Ás portas do Fringe Festival, festival de teatro da cidade Edimburgo, é verdade que a carteleira de xullo está case baleira. Pois os preparativos non son poucos. Atopo refuxio no stand-up comedy e déixome envolver pola aura desta cidade. Coa mirada posta no Fringe, e sabendo que non asistirei, pois para cando dea comezo o festival eu estarei xa da volta en terras galegas, propóñome ver artistas que si estarán nel.

Asistín a dous espectáculos  de stand-up comedy na sala Monkey Barrel Comedy nos que os actores mostraron parte do seu traballo en escena, e o cal levarán a cabo durante o mes de agosto no mencionado festival. Tal foi o caso de Jay Lafferty, Ayo Adenekan e Connor Burns con Amy Mathews como mestra de cerimonias. No segundo espectáculo, Tamsyn Kelly, Jack Traynor e Sam Lake con Liam Withnail como mestre de cerimonias.

A temática dos espectáculos é ben diversa. Cada un dos artistas sitúase no centro (literal e metaforicamente) dos seus escasos trinta minutos de gloria para entreter unha audiencia famenta de entretemento. E a partir de aí xorden temas como a maternidade, a LGTBI, a política, o feito de crecer en Escocia sendo negro, ou temas da propia vida cotiá de cada un dos actores, (con aspectos propios da autoficción) sen deixar de compartir e integrar o público no mesmo.

De todos eles, destaco enormemente o traballo de Amy Mathews como mestra de cerimonias, do primeiro espectáculo, cunha capacidade absoluta para conectar co público e facelo partícipe do propio espectáculo, así como o traballo de Jay Lafferty como cómica e quen mostrou parte do seu espectáculo, Ooft, que terá lugar os días do 31 de xullo ao 10 e do 12 de agosto ao 25 de agosto a distintas horas do día.

Do segundo espectáculo destaco o traballo de Sam Lake e a súa peza You’re joking? Not another one!  que estará presente entre o 31 de xullo e o 24 de agosto.

Sen dúbida o Fringe é un festival que atrae milleiros de turistas á cidade, beneficiando tanto os locais como a industria.  Escribo estas letras observando a magna programación deste ano do Fringe 2025 (con máis de 300 páxinas entre cabaret, musical, ópera, teatro, teatro físico, comedia, infantil circo e danza) con certa envexa e coa mirada posta no 2026. Quizais o próximo ano consiga ir.

Sara Santamaría
Latest posts by Sara Santamaría (see all)

Sara Santamaría

Sara Santamaría

Actriz, creadora e filóloga de inglés. Formada en Espazo Aberto (Santiago de Compostela) e en Central de Cine (Madrid) ten experiencia no eido audiovisual en series como Amar es para siempre , Augasquentes; e o spot publicitario de Gadis (2021). No eido teatral participou na obra Antigona de El Desván producciones, e conta cunha peza de creación propia, El valle de la silicona, á vez que está a traballar na dramaturxia do seu próximo proxecto. Na actualidade está a finalizar os seus estudos de interpretación textual na ESAD de Galicia.

"Escribo para expresarme, para comunicar e deixar pegada; así comezo a colaborar coa revista 'erregueté'".

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Areta Bolado

Areta Bolado será a nova Xograresa de Outono do FIOT de Carballo

O Mago Teto no Festaclown

Vilagarcía de Arousa acolleu unha nova edición do Festaclown